Samsung

empresa de Corea do Sur

Samsung (en hangul: 삼성; en hanja: 三星; en coreano: Samseong) é unha das máis fortes e recoñecidas empresas surcoreanas a nivel mundial e líder en diversas ramas da industria electrónica e a industria en xeral.

Samsung

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1938
LocalizaciónSamsung Town, Seul, Corea do Sur
FundadorLee Byung-chul
IndustriaElectrónica, industria pesada
ProdutosElectrónica, buques, maquinaria
Beneficio173.110 millóns de dólares (2012)
Número de empregados369.000 (2011)
Na rede
https://www.samsung.com/ e https://galaxystore.ru/
Facebook: Samsung Twitter: SamsungUS Youtube: UCWwgaK7x0_FR1goeSRazfsQ TikTok: samsung BNE: XX223079 Musicbrainz: 1ce639a8-4d95-4e49-9c10-6da1fbcccf9c Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Primeiro edificio de Samsung Sanghoe en Daegu (1938).

As orixes do actual grupo Samsung remontanse ao 1 de marzo de 1938. Ese día, o empresario coreano Lee Byung-chul (19101987) inaugurou en Daegu unha compañía de importación e exportación de produtos perecedeiros á que chamou Samsung Sanghoe (en coreano, «tres estrelas»).[1] Durante o tempo que Corea estivo ocupada polo Xapón, o principal negocio foi a venda de peixe seco e foitas a Manchukuo.​ Ao rematar a segunda guerra mundial, Corea recuperou a súa independencia e Samsung prosperou ao ampliar a súa actividade ao proceso de alimentos e a fabricación de téxtiles.

Samsung Electronics, fundada en 1969, é o membro máis grande do Grupo Samsung, que é á vez unha das compañías de aparellos eléctricos máis importantes ao redor do mundo. Samsung opera en ao redor de 58 países e ten máis de 208.000 empregados. As súas vendas no ano 2003 foron de ao redor de 101.700 millóns de dólares (uns 86.200 millóns de Euros).

Samsung Electronics é recoñecida por ser unha das dez meirandes marcas de fabricantes no mundo; é especificamente a segunda maior produtora do mundo, tendo o primeiro lugar, a tamén coreana Hyundai; a cal ten á venda produtos de telecomunicacións, electrodomésticos e pantallas.

Foi a empresa que lanzou a primeira TV de plasma. Na área da electrónica, hoxe en día é a compañía con maior valor no mercado, gañándolle á xaponesa Sony.

Hoxe en día, é a empresa número 20 con maiores ganancias e as súas maiores ganancias están na venda de teléfonos celulares e chips de memoria.

Os teléfonos celulares Samsung utilizan as tecnoloxías celulares utilizadas polos principais operadores de telecomunicación móbil: CDMA, GSM e GPRS.

  1. "Lee Byung-chull: founder of Samsung Group". The Korea Times (en inglés). 12 de outubro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
orte 2