San Cibrao das Viñas
San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | San Cibrao das Viñas | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.675 (2023) (143,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 39,48 km² | ||||
Altitude | 259 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Marta Nóvoa | ||||
Eleccións municipais en San Cibrao das Viñas | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32911 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32075 | ||||
Sitio web | sancibrao.es | ||||
Demografía
editarCenso total | 5.036 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 659 (13.09 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.283 (65.19 %) |
Maiores de 65 anos | 1.094 (21.72 %) |
Evolución da poboación de San Cibrao das Viñas Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.410 | 3.913 | 3.789 | 3.303 | 3.867 | 4.441 | 4.579 | 4.745 | 4.906 | 4.972 | 5.036 | 5.113 | 5.184 | 5.249 | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
editarO concello, de 37,4 km², sitúase no noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte con Ourense e Pereiro de Aguiar, ao leste con Paderne de Allariz, ao oeste con Barbadás e ao sur coa Merca e Taboadela. As principais vías de comunicación son a estrada N-525 (Benavente - Santiago de Compostela), a estrada N-540 (Ourense - Maceda), a estrada N-120 (Vigo - Logroño), e a autovía A-52.
Historia
editarPrehistoria
editarOs primeiros xacementos humanos datan do paleolítico inferior. Un deles atopouse na parroquia de Santa Comba de Gargantós. O outro achouse na parroquia de Pazos de San Clodio, nos terreos hoxe ocupados polo Polígono Industrial. Nel levouse a cabo en 1977 unha cata arqueolóxica, descubríndose numerosas pezas de talla de pedra de cuarcita adscrita ao período acheuliano, hai entre 700.000 e 120.000 anos. Atopáronse bifaces, fendedores, raediras e útiles sobre lasca.
A capital do concello está situada polo paso dunha vía romana dirixida dende San Cibrao cara á Rabeda e enlazando posteriormente coa Vía Nova do itinerario de Antonino. Na vila atopouse un miliario do século III, unha peza de granito ben executada co seguinte texto en letra capital rústica:
- MºAUR
- CARINO
- NOB
- CAES
Aparece o pouco frecuente tratamento co praenomen Mº. O emperador Carino é de procedencia ilírica, e gobernou entre os anos 283 e 285, se ben o miliario está datado no ano 282, cando foi elixido César polo seu pai, o tamén emperador Caro. Trátase dun fito viario de carácter honorífico. O miliario foi descuberto en 1972 na capela románica do Santo Cristo, situado en posición vertical coas letras invertidas. Estaba pegado ao muro absidal, embutido no piso de madeira e sostendo o retablo. Actualmente constitúe o pedestal do altar da capela.
Daquela época tamén se conservan os alicerces dunha ponte sobre o río Barbaña á altura da aldea de Ponte Noalla.
O rei Afonso III desmembrou a dotación á catedral de Ourense para descargar ao cabido da susceptione peregrinorum et sustentationibus pauperum, ao que antecedera o abade da Trindade co seu hospital. O coto xurisdicional de San Cibrao das Viñas foi asignado, xunto cos da Valenzá, Villaescusa, Lamas e Pontón, á abadía da Trindade de Ourense, a máis pobre das doce dignidades que ocuparon un lugar preponderante durante a Baixa Idade Media, con posición relevante a carón dos bispos e con xurisdición común sobre as igrexas do seu territorio.
O abade Alonso de Fonseca e Ulloa fixo as capitulacións cos veciños de San Cibrao das Viñas para a creación da igrexa parroquial baixo a advocación de San Ildefonso no lugar sinalado polo meiriño Nuño Ortega. A nova igrexa foi costeada polos veciños, así como as súas reparacións, dependendo os seus capeláns da abadía. Os veciños posuidores de viñas pagaban anualmente á abadía 6 azumes de viño, e estaban obrigados a ir á abadía en Pascuas e o día da Santísima Trindade, asistir á misa e ás procesións, baixo pena dunha libra de cera.
Fronte a todos estes privilexios da abadía, un elevado número de fregueses promoveron a emancipación da parroquia respecto da abadía, obtendo o apoio de Henrique IV e dos Reis Católicos, e en 1577 a Audiencia do Reino de Galicia resolveu ao seu favor, obtendo a vila xurisdición propia.
Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, presidente do Consello de Indias e Vicerrei de Nápoles, solicitou da Corte un privilexio de iguais prerrogativas e condicións cás da abadía, as que accedeu a Corte, dando a San Cibrao das Viñas o título de Vila e Couto. O Conde mandou construír xunto á Igrexa de San Ildefonso unha capela para o seu culto particular. Tamén construíu unha casa vivenda con muralla dende onde se divisa a capela.
Co tempo, as posesións dos condes de Lemos pasaron á familia de Tor, precedente e orixinaria da provincia de Lugo, que tiñan por señorío os coutos de San Xoán procedentes dun cóengo de Bobadela.
Daquel período de fidalguía e nobreza consérvanse algunhas casas ou pazos con paredes brasonadas. Boa parte da documentación perdeuse no incendio que en 1890 asolou o arquivo municipal.
Economía
editarO Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.
A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.
As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de San Cibrao das Viñas.
-
Capela do Santo Cristo
Parroquias
editarLugares de San Cibrao das Viñas
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de San Cibrao das Viñas.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Cibrao das Viñas |
Outros artigos
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |