San Francisco 49ers
Os San Francisco 49ers son un equipo profesional de fútbol americano con sede na Área da Baía de San Francisco. Forman parte da National Football League (NFL) como membro da National Football Conference (NFC) na súa División Oeste. O equipo xoga actualmente os seus partidos no Levi's Stadium de Santa Clara, California, cidade situada a 75 km ao sueste de San Francisco en pleno corazón de Silicon Valley. O equipo foi fundado en 1946 como membro da All-America Football Conference (AAFC), uníndose á NFL en 1949 coa fusión de ambas competicións. Os 49ers foron o primeiro equipo das grandes ligas estadounidenses en ter a súa sede en San Francisco. O nome de "49ers" provén do ano da chegada da febre do ouro ao norte de California: 1849. O equipo está legalmente rexistrado como os San Francisco Forty Niners, Ltd. A franquía comezou a xogar no Kezar Stadium de San Francisco, antes de mudarse ao Candlestick Park en 1970 e finalmente ao Levi's Stadium en 2014. A sede administrativa do equipo está en Santa Clara desde 1988.[1]
San Francisco 49ers | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1946 Sede en Santa Clara, CA | |||||
| |||||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||||
All-America Football Conference (1946-1949)
National Football League (1950–presente)
| |||||
Uniforme actual | |||||
Cores | Escarlata, ouro | ||||
Mascota | Sourdough Sam | ||||
Cadro de persoal | |||||
Propietario(s) | Denise DeBartolo York John York (copropietarios) | ||||
CEO | Jed York | ||||
Presidente | Al Guido | ||||
Director xeral | John Lynch | ||||
Adestrador | Kyle Shanahan | ||||
Historia | |||||
| |||||
Alcume(s) | |||||
| |||||
Campionatos | |||||
Títulos de Liga (5)
| |||||
Conferencia (7)
| |||||
División (20)
| |||||
Estadios | |||||
|
Os 49ers gañaron cinco títulos da Super Bowl entre 1981 e 1995, era na que estiveron liderados por xogadores como Joe Montana, Jerry Rice, Ronnie Lott ou Steve Young, xunto co adestrador Bill Walsh.[2][3] Alén diso, o equipo gañou un total de seis campionatos de conferencia, o primeiro en 1981 e o último en 2012. Tamén posúen un total de dezanove campionatos de división entre 1970 e 2012, facendo ao equipo un dos máis laureados da historia da competición. Debido a isto, os 49ers son posuidores de moitos récords da NFL, incluído o maior número de presenzas en finais de conferencia (15, empatados cos Pittsburgh Steelers), a maior xeira de vitorias consecutivas como visitante (18) ou máis partidos consecutivos anotando (de 1979 a 2004). De acordo a Forbes Magazine, os 49ers son a cuarta franquía máis valiosa da NFL,[4] e o décimo equipo deportivo a nivel mundial, por detrás de Los Angeles Lakers e por diante do Bayern München.[5]
Historia
editarComezos
editarFundados en 1946, os San Francisco 49ers foron a primeira franquía deportiva profesional con sede en San Francisco e un dos primeiros equipos deportivos profesionais con base na costa oeste dos Estados Unidos. O equipo tamén se converteu no primeiro equipo das catro grandes ligas esetadounidenses, é dicir, MLB (béisbol), NBA (baloncesto), NFL (fútbol americano) e NHL (hóckey sobre xeo), en xogar nesta zona do país. Con todo, ese mesmo ano tamén chagarían á costa oeste os Cleveland Rams, o cales se mudaron aos Ánxeles.[6] O nome de "49ers" provén do ano da chegada da febre do ouro ao norte de California: 1849. A franquía comezou a xogar como membro da All-America Football Conference (AAFC), uníndose á NFL en 1949 coa fusión de ambas competicións, usando como estadio local o Kezar Stadium.
En 1957, os 49ers gozaron do seu primeiro éxito como membros da NFL. Despois de perder o primeiro partido da temporada, os 49ers gañaron os seus tres seguintes encontros contra os Rams, Bears e Packers. O seguinte partido na casa enfrontábaos aos Bears, caendo os de San Francisco por 17-7 despois de dous cuartos. Por desgraza, Tony Morabito, dono da franquía, derrubouse tras sufrir un ataque ao corazón e morreu durante o partido. O falecemento foille comunicado aos xogadores durante o descanso, cando o adestrador Frankie Albert lles entregou unha nota con dúas palabras: "Tony's gone" (do inglés: "Tony foise"). Con bágoas nos ollos e motivados para gañar o partido na súa memoria, os 49ers anotaron 14 puntos sen oposición para gañar 21-17. Tras a morte do propietario dos Niners, Victor Morabito e a viúva de Tony, Josefina V. Morabito, tomaron o control do equipo. O asistente especial dos Morabito, Luís G. Spadia (1921-2013) foi nomeado director xeral. O equipo acabou a temporada cun balance de 8–4, empatando cos Detroit Lions polo título da División Oeste e asegurandose un partido de playoff no seu estadio. Con todo, o equipo non consegue gañar aos de Detroit, sendo o marcador final 31–27. Se tivesen gañado, os 49ers terían xogado a final da liga na súa casa ante os Cleveland Browns. De feito, o título sería gañado finalmente polos Lions tras vencer Browns por 59–14.
Durante os seguintes trece anos os 49ers tiveron un balance de vitorias do 49%, sendo os peores anos 1963 e 1964 onde acabaron cun récord e 2–12 e 4–10 respectivamente. Durante este época os 49ers foron o primeiro equipo en utilizar a formación shotgun, onde o quarterback se aliña sete iardas detrás do center, procurando así dar tempo extra ao xogador para pasar. Esta formación foi utilizada por vez primeira en 1960 e permitiu aos de San Francisco gañar aos Baltimore Colts, os cales non estaban familiarizados coa formación. Entre 1970 e 1972 o equipo colleitou os seus primeiros éxitos, conseguindo tres títulos consecutivos da NFC West, sendo así a única franquía da NFL en gañar os seus primeiros tres títulos divisionais após a fusión da American Football League (AFL) coa NFL. Con todo, un equipo evitou que os de San Francisco chegasen á Super Bowl nas tres ocasións: os Dallas Cowboys. Desde esa temporada até o final da década, o equipo baixou o seu rendemento, chegando a gañar tan só dous partidos de catorce en 1979.
Estadio
editar- Artigo principal: Levi's Stadium.
Os San Francisco 49ers comezaron a súa andaina en 1946 no Kezar Stadium, un recinto situado na esquina sueste do Golden Gate Park. O Kezar Stadium, que contaba na época con capaciadade para 59.942 espectadores, tamén serviu durante un ano como estadio dos Oakland Raiders. En 1971 o equipo múdase a Candlestick Park, estadio dos San Francisco Giants da Major League Baseball (MLB). Co traslado do equipo de béisbol en 1999, os 49ers pasaron a ser o único equipo en utilizar o recinto, sendo no seu momento o último estadio da NFL que comezara como recinto para o báisbol e acabara como estadio para fútbol.
Xa no século XXI, os 49ers decidiron construír un novo estadio, sendo a súa idea inicial mantelo en Candlestick Point (San Francisco). O proxecto, que incluía plans de mellora urbanística no barrio non puido ser levado a cabo ao fracasar as negociacións co concello. Así, decidiron trasladar o seu proxecto a Santa Clara, aproximadamente a 64 km de San Francisco, onde xa estaba a sede administrativa do equipo. Finalmente, o Levi's Stadium foi inaugurado o 17 de xullo de 2014. O estadio conta con capacidade para albergar a 68.500 espectadores, ampliábeis até os 75.000.
Estadio | Localización | Estado | Capacidade | Período(s) | |
---|---|---|---|---|---|
Kezar Stadium | San Francisco | California | 59.942 | 1946 | 1970 |
Candlestick Park | San Francisco | California | 69.732 | 1971 | 2013 |
Stanford Stadium | Stanford, Santa Clara | California | 86.019 | 1989 (un partido) | |
Levi's Stadium | Santa Clara | California | 68.500 | 2014 | − |
Xogadores
editarCadro actual
editarMembros do Hall of Fame
editarOs seguintes os xogadores que formaron parte dos San Francisco 49ers e que foron introducidos no Pro Football Hall of Fame.[7]
Membros do Pro Football Hall of Fame dos San Francisco 49ers | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | |||||||||
No. | Nome | Posición | Anos | Ingreso | No. | Nome | Posición | Anos | Ingreso |
71 | Larry Allen | G | 2006–2007 | 2013 | 84 | Randy Moss | WR | 2012 | 2018 |
74 | Fred Dean | DE | 1981–1985 | 2008 | 73 | Leo Nomellini | DT | 1949–1963 | 1969 |
95 | Richard Dent | DE | 1994 | 2011 | 81 | Terrell Owens | WR | 1996–2003 | 2018 |
56 | Chris Doleman | DE | 1996–1998 | 2012 | 34 | Joe Perry | RB | 1948–1960 1963 |
1969 |
91 | Kevin Greene | LB | 1997 | 2016 | 80 | Jerry Rice | WR | 1985–2000 | 2010 |
94 | Charles Haley | LB | 1986–1991 1998–1999 |
2015 | 21 | Deion Sanders | CB | 1994 | 2011 |
22 | Bob Hayes | WR | 1975 | 2009 | 32 | O. J. Simpson | RB | 1978–1979 | 1985 |
57 | Rickey Jackson | DE | 1994–1995 | 2010 | 79 | Bob St. Clair | OT | 1953–1963 | 2008 |
37 | Jimmy Johnson | CB | 1961–1976 | 1994 | 14 | Y. A. Tittle | QB | 1951–1960 | 1971 |
35 | John Henry Johnson | FB | 1954–1956 | 1987 | 64 | Dave Wilcox | LB | 1964–1974 | 2000 |
42 | Ronnie Lott | CB | 1981–1990 | 2000 | 26 | Rod Woodson | CB | 1997 | 2009 |
39 | Hugh McElhenny | RB | 1952–1960 | 1970 | 8 | Steve Young | QB | 1987–1999 | 2005 |
16 | Joe Montana | QB | 1979–1992 | 2000 | |||||
Adestradores e executivos | |||||||||
Nome | Posicións | Anos | Ingreso | ||||||
Edward J. DeBartolo, Jr | Propietario | 1977–2000 | 2016 | ||||||
Gil Brandt | Executivo | 1958–1959 | 2019 | ||||||
Bill Walsh | Adestrador | 1979–1988 | 1993 |
Títulos
editarSuper Bowls
editarOs 49ers posúen un total de cinco trofeos da Super Bowl. Os tres primeiros gañáronos baixo a dirección do adestrador Bill Walsh. Tras a retirada de Walsh despois de gañar o seu terceiro trofeo en 1988, a franquía continuou a gañar baixo a man de George Seifert, o cal foi capaz de gañar o título no seu ano como debutante. Posteriormente, gañaría de novo o campionato en 1994.[8]
Ano | Adestrador | Super Bowl | Sede | Opoñente | Resultado | Balance |
---|---|---|---|---|---|---|
1981 | Bill Walsh | XVI | Pontiac, Míchigan | Cincinnati Bengals | 26–21 | 16–3 |
1984 | Bill Walsh | XIX | Stanford, California | Miami Dolphins | 38–16 | 18–1 |
1988 | Bill Walsh | XXIII | Miami, Florida | Cincinnati Bengals | 20–16 | 13–6 |
1989 | George Seifert | XXIV | Nova Orleáns, Luisiana | Denver Broncos | 55–10 | 17–2 |
1994 | George Seifert | XXIX | Miami, Florida | San Diego Chargers | 49–26 | 16–3 |
Total de Super Bowls gañadas: | 5 |
Campionatos da NFC
editarAno | Adestrador | Sede | Opoñente | Resultado | Balance |
---|---|---|---|---|---|
1981 | Bill Walsh | San Francisco, California | Dallas Cowboys | 28–27 | 16–3 |
1984 | Bill Walsh | San Francisco, California | Chicago Bears | 23–0 | 18–1 |
1988 | Bill Walsh | Chicago, Illinois | Chicago Bears | 28–3 | 13–6 |
1989 | George Seifert | San Francisco, California | Los Angeles Rams | 30–3 | 17–2 |
1994 | George Seifert | San Francisco, California | Dallas Cowboys | 38–28 | 16–3 |
2012 | Jim Harbaugh | Atlanta, Xeorxia | Atlanta Falcons | 28–24 | 13–4–1 |
Total de campionatos da NFC gañados: | 6 |
Notas
editar- ↑ "49ers.com | Behind the Building" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017.
- ↑ "Team Game Finder Query Results - Pro-Football-Reference.com" (en inglés).
- ↑ "Team Game Finder Query Results - Pro-Football-Reference.com" (en inglés).
- ↑ "2016 NFL Valuations". Forbes (en inglés).
- ↑ Badenhausen, Kurt. "San Francisco 49ers - pg.11". Forbes (en inglés).
- ↑ http://www.sportsecyclopedia.com/nfl/larams/larams.html
- ↑ "Hall of Famers by Franchise". Pro Football Hall of Fame. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ Williamson, Bill. "San Francisco 49ers to honer George Seifert". www.espn.com (en inglés). ESPN.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial
- Comunidade de seareiros do club Arquivado 14 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.
- Novas sobre o equipoArquivado 24 de novembro de 2020 en Wayback Machine.