San Martiño de Meanos, Zas
San Martiño de Meanos é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Zas. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2020 tiña 436 habitantes (195 homes e 241 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes. É a parroquia máis extensa de todo concello con 18,30 km cadrados.[3][Cómpre referencia] Eclesiasticamente pertence ó Arciprestado de Céltigos e é parroquia matriz da de Santa Sía de Roma.
San Martiño de Meanos | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Meanos. | |
Concello | Zas[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°03′17″N 8°56′53″O / 43.05465599, -8.94812433 |
Área | 18,3 km² |
Poboación | 436 hab. (2020) |
Densidade | 23,83 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarNo lugar das Edreiras atópase o Pazo das Edreiras, do século XVII.
A igrexa parroquial de San Martiño de Meanos, con formas barrocas do século XVIII, na que destacan a súa fachada, o presbiterio e o seu retablo barroco-rococó. Alberga no seu interior o Santo Cristo de Meanos[4], un xigantesco Cristo feito en pedra. A peza, datada no século XVII, foi atopada en xuño de 1990 enterrada nunha caseta anexa a igrexa parroquial, durante a restauración da mesma. A imaxe mide 143 cm e pénsase que foi enterrada cando se colocou o actual retablo maior.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Martiño de Meanos
editarLugares da parroquia de San Martiño de Meanos no concello de Zas (A Coruña) | |
---|---|
A Atalaia | As Edreiras | Froxán | Langueirón | Maxín | Meanos | Rial de Arriba | San Martiño | Vila | Vilar de Lamas |
Parroquias de Zas
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250pi011.jpg
- ↑ Xosé María Lema (4 de xullo de 2020). "Trinta anos do achado do xigantesco Santo Cristo de Meanos". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |