Sant Boi de Llobregat
Sant Boi de Llobregat é un municipio e cidade catalán da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Baix Llobregat e forma parte da área metropolitana de Barcelona.
Epónimo | Río Llobregat | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Baix Llobregat | ||||
Capital | Sant Boi de Llobregat (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 83.919 (2023) (3.903,21 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 38 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 21,5 km² | ||||
Bañado por | Río Llobregat e canal de la Dreta del Llobregat (en) | ||||
Altitude | 30 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Lluïsa Moret (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08830 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08200 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082009 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | santboi.cat | ||||
Xeografía
editarSituado no Delta do Llobregat, limita cos municipios de Santa Coloma de Cervelló ao norte, Sant Joan Despí ao nordeste, Cornellà de Llobregat ao leste, El Prat de Llobregat polo sur, Viladecans ao suroeste, e Sant Climent de Llobregat polo oeste.
Respecto á contorna natural, o territorio é bañado polas augas do río Llobregat e, a pesar de atoparse na chaira conformada polo delta destaca a montaña de Sant Ramon (293 m) e, sobre todo, Can Cartró (338 m), onde se acha o punto máis elevado do municipio, así como a Muntanyeta (72 m), que se atopa no medio da zona urbana, aínda que mantén a súa vexetación (principalmente de piñeiros) e un monte próximo ao río, lugar no que se atopaba un castelo desde o cal os musulmáns controlaron a zona na Idade Media.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|
5.311 | 8.867 | 10.811 | 50.051 | 74.550 | 79.337 | 84.530 |
Barrios
editar- Barri Centre
- Camps Blancs
- Casablanca
- Ciutat Cooperativa-Molí Nou
- Marianao
- Vinyets-Molí Vell
Economía
editarActualmente, o sector económico predominante é o terciario. Aínda que ten varios polígonos industriais na A-16 e entre a A-16 e o aeroporto, o sector primario ten unha presenza medianamente relevante. O máis característico produto local son as alcachofas, que teñen denominación de orixe "Sant Boi". Tamén os polos criados na localidade entran na denominación de orixe de El Prat.
Lugares de interese
editar- Ermida de Sant Ramon
- Igrexa de Sant Baldiri
- Museo de Sant Boi
- Termas Romanas
- Praza da Generalitat
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de Sant Baldiri de Sant Boi
-
Praza do concello
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Boi de Llobregat |