Santa Cruz de Ribadulla, Vedra

parroquia civil do concello de Vedra

Santa Cruz de Ribadulla é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 729 habitantes (370 mulleres e 359 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 771 habitantes.

Santa Cruz de Ribadulla
ConcelloVedra[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°46′06″N 8°25′16″O / 42.76830355, -8.42118529
Poboación735 hab. (2019)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

No lugar de Ortigueira está o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, tamén coñecido como Granxa de Ortigueira (e antigamente como Torre de Ortigueira). Foi construído polos Abraldes, que emparentaron cos Mondragón, e mercado no século XVI por Juan Ibáñez de Mondragón, cóengo da catedral de Santiago.

No pazo viviu Gaspar Melchor de Jovellanos en 1811, e na actualidade é residencia do militar Alfonso Armada Comyn, noveno marqués de Ribadulla.

O marquesado de Santa Cruz de Ribadulla foi outorgado por Carlos II en 1683. O marqués tiña aforados á práctica totalidade da poboación do concello, que pagaban as súas rendas en especies, como centeo, trigo ou millo miúdo.

O pazo ten unha traza austera. Está rodeado por un parque deseñado por Juan Ibáñez de Mondragón e aumentado por Juan Ignacio Armada. O xardín conta coa fonte da Nogueira, a fonte da Coca (barroca e coroada por un escudo coa vieira de Santiago), e a fonte do Santiaguiño (de 1670).

Pedro de Valdés Feixoo e Novoa, que mandara construír a fonte do Santiaguiño, ordenou en 1676 facer a capela, que está unida ao pazo por un arco.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santa Cruz de Ribadulla

editar
Lugares da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla no concello de Vedra (A Coruña)

Agrelo | A Albela de Arriba | Angustín | Eiravedra | A Famelga | A Foz | Galegos | A Lagoa | Monreal | Ortigueira | Outeiro | Pazos | Sete | Sol | Tomonde | A Torre de Abaixo | A Torre de Arriba | A Torre do Medio | O Vao | Vista Alegre

Parroquias de Vedra

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vedra

Illobre (Santo André) | Merín (San Cristovo) | A Ponte Ulla (Santa María Madanela) | San Fins de Sales (San Fins) | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) | San Miguel de Sarandón (San Miguel) | San Pedro de Sarandón (San Pedro) | San Pedro de Vilanova (San Pedro) | San Xián de Sales (San Xián) | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) | Trobe (Santo André) | Vedra (Santa Eulalia)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
HOME 1
os 17
todo 1