Sapo común
O sapo común[3][4] (Bufo bufo) é un anuro moi habitual en toda clase de hábitats europeos, sobre todo naqueles con certo grao de contaminación, como balsas de rega, estanques etc. Distribúese por toda Europa agás Irlanda e algunhas illas mediterráneas. É un dos anuros máis coñecidos, dada a súa distribución e requirimentos ecolóxicos laxos.
Sapo común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar en Telč, República Checa | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Bufo bufo' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución da especie
| |||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||
Lista
|
Un feito curioso que poucos coñecen é a capacidade dos sapos de atraer presas movendo un dos dedos das súas patas traseiras coma se dunha miñoca se tratase.
O sapo na cultura popular galega
editar- Artigo principal: O sapo na cultura popular galega.
Crese que o sapo é un animal pezoñento e que a mucosidade da súa pel, o seu cuspe e mesmo os ouriños son tóxicos para quen os toque. Dise que ese mexo pode cegar a quen o recibe ou provocarlle bochas na pel (mal do coxo ou mal do goxo).
Tamén é quen de botar un mal de aire denominado especificamente mal de sapo. O Domingo de Ramos era tradición bendici-las leiras cunha póla de oliveira e auga bendita, para expulsa-los posibles seres maléficos:
- Sapos e ratos,/ bruxas e meigas,/ fóra das miñas veigas.
Pero tamén entran na terapéutica popular, e así pretendíase cura-la reuma refregando cun sapo a articulación dorida. Colgando do pescozo dunha parturiente unha bulsa con dous sapos vivos, evitábanse as hemorraxias tralo parto. Para cura-las anxinas a un rapaz era bo colocarlle na gorxa un sapo aberto.
Os ollos dun sapo formaban parte do remedio para cura-lo tangaraño dos nenos (raquitismo):
- A nai unha bulsa/ colgoulle ó pescozo con escapularios,/ medallas e figos/ a pel dunha cobra e os ollos dun sapo.
Notas
editar- ↑ Agasyan, A.; Avisi, A.; Tuniyev, B.; Isailovic, J. C.; Lymberakis, P.; Andrén, C.; Cogalniceanu, D.; Wilkinson, J.; Ananjeva, N.; Üzüm, N.; Orlov, N.; Podloucky, R.; Tuniyev, S.; Kaya, U. (2009). "Bufo bufo". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2014-10-11.
- ↑ Frost, Darrel R. (31-1-2011). "Bufonidae". Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.5. American Museum of Natural History. Consultado o 24-8-2012.
- ↑ Vocabulario forestal, páx. 191, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |