Savoia-Marchetti S.M.79
O Savoia-Marchetti S.M.79 Spaviero (gabián) foi un bombardeiro medio italiano usado durante a Guerra Civil española e a segunda guerra mundial. Voou por primeira vez o 8 de outubro de 1934 como unha evolución do transporte civil S.M.73. Construóronse en total 1.230 exemplares e tivo unha versión de transporte con capacidade para 10 pasaxeiros, denominada S.M.83. Foi o bombardeiro italiano máis importante da segunda guerra mundial.
Savoia-Marchetti S.M.79 Spaviero | |
---|---|
Catro S.M.79 en formación | |
Tipo | bombardeiro medio |
Fabricante | Savoia-Marchetti |
Primeiro voo | 28 de setembro de 1934 |
Introducido | 1936 |
Retirado | 1959 (Líbano) |
Principais usuarios | Regia Aeronautica Aeronáutica Nacional Republicana Real Forza Aérea de Romanía Exército do Aire de España |
Produción | 1936 - 1945 |
Unidades construídas | 1 240 |
Durante a Guerra Civil española foi usado como bombardeiro horizontal tanto polos nacionalistas como pola Aviación Lexionaria italiana. Chegaron uns 135 S.M.79-I, e cando os italianos marcharon doaron 80 dos superviventes aos nacionalistas.