O segmento E é un segmento de automóbiles que se sitúa entre os segmentos D e F. Xeralmente teñen espazo para cinco adultos, aínda que algunhas características fan que se adapte mellor para catro persoas, por exemplo debido á forma dos asentos, ou o túnel central traseiro no caso de modelos con tracción traseira.

Audi A6, un turismo do segmento E.
Volvo S80, un turismo do segmento E.

Actualmente, estes automóbiles miden aproximadamente entre 4´75 m e 4´95 m de longo, e predominan en carrozaría sedán, liftback e familiar. Os seus motores adoitan ter entre cinco e oito cilindros e entre 2´4 e 5´0 litros de cilindrada, aínda que hai tamén catro cilindros de 2´0 litros e deportivos de ata dez cilindros ou 6´2 litros.

Un automóbil de turismo do segmento E adóitase denominar "berlina grande" ou "berlina mediana grande", aínda que hai outros termos similares provenientes doutros idiomas. Un todo terreo deste segmento chámase "todo terreo mediano" ou "mediano grande".

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 3