Segunda revolta serbia

(Redirección desde «Segundo levantamento serbio»)

A segunda revolta serbia (en serbio Други српски устанак), (1815-1817), foi a segunda fase da Revolución Serbia contra o Imperio Otomán, e estourou pouco despois da reanexión do país a este Imperio, en 1813. A ocupación foi levada a cabo despois da primeira revolta serbia (1804-1813), durante a cal existiu Serbia como un estado independente de facto durante máis dunha década. O segundo levantamento trouxo consigo a semi independencia de Serbia do Imperio Otomán. Estabeleceuse o Principado de Serbia, que se rexía polo seu propio Parlamento, Constitución e a súa propia dinastía real. A independencia de iure conseguise na segunda metade do século XIX, mais esta segunda insurrección foi o comezo do estabelecemento definitivo dun Estado e un exército serbios.

Milos I Obrenović,
primeiro príncipe de Serbia.

Contexto

editar

A primeira revolta serbia logrou ceibar ao país do Imperio Otomán durante un tempo significativo (1804-1813). Por primeira vez en tres séculos, os serbios gobernáronse a si mesmos sen a supremacía do Imperio Otomán nin dos Habsburgo de Austria.[1]

Tras o fracaso do primeiro levantamento, a maioría dos seus mandos instigadores escaparon ao abrigo dos Habsburgo, e só uns poucos permaneceron en Serbia. Karađorđe Petrović, líder do primeiro levantamento, escapou coa súa familia. A pesar dos esforzos de Karađorđe para obter aliados entre os serbios de Austria, os serbios de Bosnia, os rusos ou de Napoleón Bonaparte, o Estado serbio rebelde foi esmagado polos otománs en 1813.

Miloš Obrenović, un dos líderes da primeira revolta, rendeuse aos turcos otománs, e foi nomeado Obor-Knez (Nez Supremo 'dirixente').[2] Stanoje Glavas tamén se rendeu aos turcos e recibiu un título de novo, mais despois foi executado cando estes comezaron a desconfiar da súa lealdade. Hadzi Prodan Gligorijević tentou un novo levantamento en 1814, pero Obrenović non o apoiou, pois considerou que non era o momento oportuno.

O levantamento de Gligorijević fracasou e este tivo que fuxir a Austria. Tras o fracaso desta revolta, os turcos responderon cunha maior persecución contra os serbios, con traballos forzados e máis impostos. En marzo de 1815, os dirixentes serbios, tras varias xuntanzas, decidiron iniciar unha nova revolta.

Desenvolvemento

editar

O Consello Nacional proclamou a revolta en Takovo o 23 de abril de 1815. O Knez Supremo Obrenović foi elixido como líder e proclamou o famoso:

Aquí estou, aquí estades. Guerra aos turcos!

Cando os otománs descubriron a nova revolta condenaron a todos os seus líderes a morte. Os serbios libraron as batallas de Ljubic, Čačak, Palež, Požarevac e Dublje e expulsaron os otománs do Paxalato de Belgrado.

A mediados de 1815, comezaron as negociacións entre Obrenović e Maraşli Ali Paşa, o gobernador otomán. Obrenović conseguiu unha forma de autonomía parcial para os serbios e, en 1816, a Sublime Porta de Turquía asinou varios documentos para a normalización das relacións entre serbios e turcos. O resultado foi o recoñecemento do Principado de Serbia polo Imperio Otomán.[2] Aínda que o principado pagaba un imposto anual a Istambul e houbo unha gornición de soldados turcos en Belgrado até 1867, Serbia era, na maioría dos asuntos, un Estado independente.

Cronoloxía

editar
 
Principado de Serbia en 1817.
 
  • 1815 (abril) - O líder serbio Miloš Obrenović declara a guerra ao Imperio Otomán.
  • 1815 (decembro) - A maioría da Serbia Central foi liberada e expulsado o exército otomán.
  • 1816 - O Imperio Otomán ofrece certo nivel de autonomía á Serbia insurrecta. Os dirixentes serbios rexeitan o tratado.
  • 1817 - O levantamento chega ao seu fin co tratado entre Miloš Obrenović e o comandante otomán Maraşli Ali Paşa. Declárase o Principado de Serbia, con Miloš Obrenović I como príncipe.
  • 1830 - Reafírmase a semi independencia cun novo tratado.
  • 1835 - Primeira Constitución nos Balcáns, escrita no Principado de Serbia. Introdúcese o Parlamento de Serbia. A Dinastía Obrenović nomeada herdeira legal ao trono de Serbia. Tamén describe a Serbia como un principado parlamentario independente, o que incomoda ao Imperio Otomán e á monarquía dos Habsburgo.
  • 1848 - Revoltas contra os Habsburgo, entre outros, nas zonas poboadas por serbios do seu imperio. Voivodina e o Banato de Timişoara proclaman a súa unificación co Principado de Serbia. A rebelión chega ao seu fin polos esforzos diplomáticos de Viena.
  • 1867 - Serbia convértese en país independente de facto cando as forzas otomás abandonan o país polas presións exercidas polo Reino Unido e Francia.
  • 1878 - A independencia de iure é declarada formalmente en Belgrado por decisión das grandes potencias no Tratado de Berlín, unha revisión do anterior Tratado de San Stefano, que recoñecera a independencia de Serbia.
  1. "Historia de Serbia". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2009. 
  2. 2,0 2,1 Lecture 5: The Serbian Revolution and the Serbian State.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 12
mac 1
multimedia 1
os 78
text 2
todo 2