Selección de fútbol de Irlanda
A Selección de fútbol de Irlanda, oficialmente Selección de fútbol da República de Irlanda,[2] (en inglés: Republic of Ireland national football team, en irlandés: Foireann peile náisiúnta Phoblacht na hÉireann), é o equipo que representa ao país en competicións internacionais deste deporte. A selección dependende da Asociación de fútbol de Irlanda (Football Association of Ireland / Cumann Peile na hÉireann, FAI), afiliada á UEFA.
Irlanda | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Football Association of Ireland | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | IRL | ||
Alcume | The Boys in Green (Os rapaces de verde) | ||
Clasificación FIFA | 34 (11 de xuño de 2020)[1] | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Stephen Kenny | ||
Máis encontros | Robbie Keane (146) | ||
Máximo goleador | Robbie Keane (68) | ||
Estrea internacional Irlandés 1 − 0 Bulgaria Colombes, Francia; 28 de maio de 1924 | |||
Maior vitoria Irlanda 8 − 0 Malta Dublín, Irlanda; 16 de novembro de 1983 | |||
Maior derrota Brasil 7 − 0 Irlanda Uberlândia, Brasil; 27 de maio de 1982 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 3 (primeira en 1990) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (1990) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 3 (primeira en 1988) | ||
Mellor resultado | Oitavos de final (2016) |
Historia
editarAta o final dos anos '80, estivo á sombra dos seus veciños e rivais de Irlanda do Norte, cuxa selección xa disputara tres Copas do Mundo (1958, 1982 e 1986). Ámbalas dúas seleccións teñen un uniforme similar: camisolas e medias verdes e pantalón branco, cores nacionais da Illa de Irlanda, e tamén empregadas pola Selección Irlandesa que existiu entre 1882 e 1950, ano no que deixou de empregar xogadores de toda a illa, práctica que continuou a ser usada mesmo coa existencia da Selección do Estado Libre Irlandés en 1924, cando disputou os Xogos Olímpicos de Verán dese ano. Ámbalas dúas seleccións denominábanse "Irlanda" entre 1936 e 1953, cando a FIFA decidiu que a Irlanda independente pasaría a ser chamada polo seu nome oficial, "República de Irlanda", mentres que a outra sería chamada "Irlanda do Norte". A partir dos anos '90, ao incluír en boa medida a xogadores nacidos no Reino Unido (principalmente Inglaterra) de ascendencia irlandesa, a situación mudou e a selección de Irlanda conseguiu disputar o seu primeiro Mundial (Italia 1990), clasificándose tamén en 1994 e 2002. Antes diso, xa conseguira clasificarse para a Eurocopa 1988.
A súa mellor participación nas Copas do Mundo tivo lugar en 1990, cando se clasificou na primeira fase, caendo nos cuartos de final fronte a anfitrioa Italia, rematando no 8º posto ao final da competición (curiosamente, foi a única selección en chegar aos cuartos de final dunha edición da Copa do Mundo sen ter gañado ningún partido). Nos mundiais que seguiron realizou un bo papel, pasando sempre de fase e caendo nos oitavos de final. Irlanda non puido clasificarse para o Mundial 2010 ao perder na repesca contra Francia logo dun polémico pase de gol]] de Thierry Henry coa man.[3][4][5][6] Logo da derrota ante Francia, Irlanda solicitou a repetición do partido,[7] non obstante esta petición foi oficialmente denegada pola FIFA o 20 de novembro de 2009.[8]
Uniforme
editarUniformes históricos
editarLocal
Clásico
|
1978–83
|
1983–84
|
1984–85
|
1985
|
1990
|
1994 Home
|
1998
|
2002
|
2004
|
2006
|
Actual
|
Visitante
1994
|
2010
|
Actual
|
Xogadores
editarO xogador de fútbol máis coñecido da illa é Roy Keane. Sen ningún parentesco con Roy, Robbie Keane foi o xogador máis destacado da selección no principio do século XXI. Outros xogadores e ex xogadores destacados son Johnny Giles, John Aldridge, Paul McGrath, Packie Bonner, Tony Cascarino, Denis Irwin, Steve Staunton, Jason McAteer, Shay Given e Damien Duff, entre outros.
Adestradores
editarEntre 1921 e 1969 un comité de selectores elixiu o equipo, en ocasións era designado un adestrador ou director de equipo; Mick Meagan foi o primeiro xestor de seleccionar o equipo. Os adestradores dos períodos nos que o equipo nacional era coñecido como o Estado Libre Irlandés ou, simplemente, Irlanda, son escuros e moitos non son coñecidos actualmente. Non obstante, coñécese que Val Harris e Bill Lacey dirixiron o combinado irlandés na década de 1930. A continuación móstrase unha lista dos adestradores da selección irlandesa, de 1951 en diante, dende que se converteu na Selección da República de Irlanda:
Adestrador | Carreira | Partidos | Gañados | Empatados | Perdidos | Porcentaxe de vitorias (%) |
---|---|---|---|---|---|---|
Doug Livingstone | 1951 - 1953 | |||||
Alex Stevenson | ||||||
Johnny Carey | 1955 - 1967 | |||||
Noel Cantwell | 1967 | |||||
Charlie Hurley | 1967 - 1969 | |||||
Mick Meagan | 1969 - 1971 | 12 | 0 | 3 | 9 | 0.00 |
Liam Tuohy | 1971 - 1973 | 10 | 3 | 1 | 6 | 30.00 |
Seán Thomas (provisional) | 1973 | 1 | 0 | 1 | 0 | 0.00 |
Johnny Giles | 1973 - 1980 | 37 | 14 | 9 | 14 | 37.84 |
Alan Kelly Sr. (provisional) | 1980 | 1 | 1 | 0 | 0 | 100.00 |
Eoin Hand | 1980 - 1985 | 40 | 11 | 9 | 20 | 27.50 |
Jack Charlton | 1986 - 1995 | 94 | 47 | 30 | 17 | 50.00 |
Mick McCarthy | 1996 - 2002 | 68 | 29 | 19 | 20 | 42.65 |
Don Givens (provisional) | 2002 | 1 | 0 | 1 | 0 | 0 |
Brian Kerr | 2003 - 2005 | 32 | 17 | 11 | 4 | 53.13 |
Steve Staunton | 2006 - 2007 | 17 | 6 | 5 | 6 | 35.29 |
Don Givens (provisional) | 2007 - 2008 | 2 | 0 | 1 | 1 | 0 |
Giovanni Trapattoni | 2008 - 2013 | 64 | 26 | 22 | 16 | 40.60 |
Noel King | 2013 | 2 | 1 | 0 | 1 | 50.00 |
Martin O'Neill | 2013 - presente | 14 | 5 | 5 | 4 | 35.70 |
Notas
editar- ↑ "FIFA Ranking". FIFA.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 07 de xuño de 2012.
- ↑ "Republic of Ireland". FIFA.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 27 de xuño de 2020.
- ↑ La mano de Henry lleva a Francia al Mundial
- ↑ "Francia se salva con una trampa". elpais.com. Consultado o 18 de novembro de 2009.
- ↑ "1-1: Henry echa una mano a Francia para estar en Suráfrica con polémica". elmundodeportivo.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2009. Consultado o 18 de novembro de 2009.
- ↑ "Una mano de Henry le dio la clasificación a Francia". elespectador.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2009. Consultado o 18 de novembro de 2009.
- ↑ El País, ed. (19 de novembro de 2009). "Irlanda pide que se repita el partido ante Francia". Consultado o 19 de novembro de 2009.
- ↑ FIFA, ed. (20 de novembro de 2009). "Comunicado de la FIFA sobre la solicitud de la FAI". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2009. Consultado o 20 de novembro de 2009.