Selección de fútbol de Polonia
A Selección de fútbol de Polonia (en polaco: Reprezentacja Polski w piłce nożnej) é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol á Polonia. A súa organización está a cargo da Asociación Polaca de Fútbol (Polski Związek Piłki Nożnej, PZPN), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente Biało-czerwoni (albivermellos), Orły (aguias) ou Białe Orły (aguias brancas).
Polonia | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Polski Związek Piłki Nożnej | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | POL | ||
Alcume | Białe Orły (aguias brancas) | ||
Clasificación FIFA | 19 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Michał Probierz | ||
Máis encontros | Robert Lewandowski (144) | ||
Máximo goleador | Robert Lewandowski (81) | ||
Estrea internacional Hungría 1 − 0 Polonia Budapest, Hungría; 18 de decembro de 1921 | |||
Maior vitoria Polonia 10 − 0 San Marino Kielce, Polonia; 1 de abril de 2009 | |||
Maior derrota Dinamarca 8 − 0 Polonia Copenhaguen, Dinamarca; 26 de xuño de 1948 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeiro en 1938) | ||
Mellor resultado | Terceiros (1974, 1982) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 4 (primeira en 2008) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (2016) |
A selección polaca de fútbol tivo unha época dourada entre as décadas de 1970 e 1980, cando alcanzou o terceiro posto no Mundial de Alemaña 1974 e de España 1982, e unha respectable quinta posición en Arxentina 1978. Tamén obtivo medallas nas súas participacións olímpicas: o ouro en Múnic 1972 e a prata en Montreal 1976 e Barcelona 1992. En canto á Eurocopa, até o momento tan só logrou clasificarse para unha fase final, a de 2008, onde non pasou da primeira rolda. Na edición de 2012 participou como co-organizador xunto a Ucraína, aínda que de novo sen pasar da primeira rolda.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección de fútbol de Polonia |