Serapis (en grego: Σέραπις ou Σάραπις, transl. Sérapis ou Sárapis; en latín: Serapis) foi unha deidade sincrética helenístico-exipcia da Antigüidade clásica. O seu templo máis famoso estaba situado en Alexandría, Exipto.[1] O seu símbolo era unha cruz.[2]

Modelo:BiografíaSerapis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Familia
CónxuxeIsis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Metropolitan Museum of Art Tagging Vocabulary (en) Traducir >>>:Serapis
The Nuttall Encyclopædia >>>:Serapis Editar o valor en Wikidata
O deus helenístico-exipcio Serapis e os seus atributos, segundo a Nouveau Larousse Illustre (1894). A identificación, con todo, é dubidosa, xa que é Plutón o que adoita estar cun bidente xunto a Cérbero.

Baixo Tolomeo I Sóter fixéronse varios esforzos para integrar a relixión exipcia coa dos seus gobernantes helenos. A política de Tolomeo consistía en atopar unha divindade que ordenase a reverencia dos dous grupos étnicos do país, a pesar das maldicións xuradas polos sacerdotes exipcios contra os deuses dos antigos gobernantes estranxeiros (como o deus Seth, loado polos hicsos). Alexandre Magno tentara utilizar a Amón para este propósito, pero este deus era máis adorado no Alto Exipto que no Baixo Exipto, onde había unha maior influencia grega.

Os gregos tiñan pouco respecto polas figuras con cabeza de animais, polo que unha estatua antropomórfica, ao estilo grego, foi elixida como ídolo e oficialmente proclamada como equivalente ao popular deus exipcio Apis.[3] Inicialmente chamábase, en exipcio, Aser-hapi (é dicir, Osiris - Apis), que se converteu en Serapis; considerábase que era o deus Osiris na súa totalidade, e non só o seu Ka (forza vital).

Historia

editar

Crese que o culto a Serapis foi introducido en Alexandría ao redor do século IV a. C. co propósito de reunir no sincretismo as tradicións relixiosas exipcias e helénicas.

No lado exipcio, o deus identificouse con Osiris, o marido de Isis; no lado grego, achegouse ao Hades e aos seus misterios. En ambas as tradicións, estes deuses presidían a vexetación e gobernaban o inframundo.

No reinado do emperador Teodosio I, en 391, o Serapeo, en Alexandría, foi atacado e destruído por orde do bispo Teófilo.

Na Gallecia

editar

Durante un certo tempo, Serapis gañou a condición de deus masculino universal ("o único Zeus Serapis"), e o seu culto, xeralmente asociado ao de Isis, estendeuse por todo o mundo grecorromano, incluída a Península Ibérica. Un exemplo do seu culto pódese atopar no santuario galaicorromano das Fragas de Panóias, en Tras-os-Montes, Portugal.

Iconografía

editar

Serapis está representado coa aparencia dun home de idade madura e rostro serio, con barba e cabelo longo. O seu atributo é a ménsula sagrada dos misterios, símbolo da abundancia, xunto coa serpe de Asclepio, xa que tamén era un deus curativo.  

  1. "Dos santuarios exipcios de Serapis, o máis famoso está en Alexandria",
    Pausanias comentou (Descrición de Grecia, 1.18.4, século II), ao describir o Serapeion, de Atenas, erguido por Tolomeo nas encostas escarpadas da Acrópole:
    "Á medida que descendes daqui até a parte baixa da cidade, está o santuario de Serapis, cuxo culto os atenienses introduciran a partir de Tolomeo."
  2. "A MORTE E O MORRER EM JUIZ DE FORA: Transformações nos costumes fúnebres, 1851-1890" (PDF) (en portugués). 2007. p. 82. Consultado o 15 de outubro de 2011. A cruz, como um símbolo, teve seu significado associado a questões de natureza transcendental, em diferentes sociedades. [...] entre os Cristão é sinal veneral, porque nela padeceu Jesus Cristo. Era também insígnia do ídolo Serápis, do Egipto. 
  3. De acordo co comentario de sir James Frazer á Biblioteca de Pseudo-Apolodoro, 2.1.1:
    "Apolodoro identifica o Ápis argivo co touro exipcio Ápis, que pola súa vez foi identificado con Serapis (Sarapis)";
    Pausanias tamén funde Serapis co Apis exipcio:
    "Dos santuarios exipcios de Serapis o máis famoso está en Alexandria, o máis antigo en Menfis. Neste último nen estranxeiro nen sacerdote poden entrar, até que Apis sexa enterrado." (Pausanias, Descrición de Grecia, 1.18.4).
  4. Informacións sobre o antigo templo londinense dedicado a Mitra no sitio web Heritage Key. Accedido o 7 de maio de 2010.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
todo 3