Serpentina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
A serpentina (do latín serpens pola semellanza dalgúns exemplares coa pel dunha serpe) constitúe unha serie de minerais da clase dos silicatos cuxa fórmula química é (Mg,Fe,Ni)3Si2O5(OH)4.
Serpentina | |
---|---|
Serpentina coa súa típica cor verde escura | |
Fórmula química | (Mg,Fe,Ni)3Si2O5(OH)4 |
Clase | Silicatos |
Subclase | Filosilicatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Branca, verde escura, vermella, parda e negra |
Brillo | De graxo a terroso |
Dureza | 2,5 |
Fractura | Diferente segundo a variedade |
Exfoliación | Diferente segundo a variedade |
Raia | Verde escura |
Densidade | 2,5-2,6 g/cm3 |
Aspecto
editarÉ raro que a serpentina apareza en forma de grandes cristais.
Variedades da serpentina
editarSegundo a súa coloración e mínimas diferenzas de composición pódense diferenciar varias clases de serpentina:
- Antigorita, de cor verde escura.
- Amianto, formado por fibras finas e paralelas e dunha cor normalmente máis branca.
Outras clases de serpentina son a serpentina corrente (de cor negra), a serpentina nobre (de cor verde amarela) e a serpentina masiva (de cor verde e utilizada como pedra ornamental).
Lugares onde se atopa
editarA serpentina preséntase en xacementos de tipo sedimentario formando grandes extensións consideradas rochas de serpentina.
Podemos atopar serpentina nos cantís do Cabo Ortegal (A Coruña).
Usos da serpentina
editarO seu uso máis destacado é o de pedra ornamental para a fabricación de adornos e esculturas.
Outros silicatos
editarOutros silicatos importantes son o cuarzo, a mica, o feldespato e a olivina.