Serramoura
Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros.
Serramoura | |
---|---|
Formato | Suspense |
Creado por | Alberto Guntín, Víctor Sierra, Xosé Morais |
Dirixido por | Miguel Conde |
Intérpretes | Lucía Regueiro Miguel Ángel Blanco Antonio Mourelos Chechu Salgado Sabela Arán Fran Paredes Isabel Naveira Uxía Blanco Alfonso Agra Miguel Canalejo Miguel Borines Xabier Deive Sheyla Fariña Mariana Expósito Tito Asorey Xosé Barato |
País de orixe | Galicia |
Episodios | 173 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Carlos Carballo |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Formato de imaxe | 16:9 |
Primeiro episodio | 5 de outubro de 2014 |
Derradeiro episodio | 25 de outubro de 2020 |
Na rede | |
http://serramoura.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.
Sinopse
editarEn Serramoura, unha pequena aldea ficticia que vive da explotación madeireira, Mónica Triáns (Sara Casasnovas) aparece morta no medio do monte con claros signos de se tratar dun asasinato violento. Perante o homicidio, é enviado á vila Diego Bazán (Miguel Ángel Blanco), que xunto coa sarxento local Marga Neira (Lucía Regueiro), tentarán dar coa solución do caso.
Porén, a idiosincrasia da aldea, o conflito de intereses entre as dúas principais familias, os Soutelo e os Fiúza, que pelexarán polo control do serradoiro, e os segredos que todos os habitantes da aldea gardan, farán da resolución do caso unha tarefa complicada.
Elenco
editarPersonaxes principais
editar- Marga Neira (Lucía Regueiro). Sarxento da Garda Civil.
- Diego Bazán (Miguel Ángel Blanco). Sarxento da Garda Civil que chega á vila para resolver o caso de Mónica Triáns.
- Tomás Penedo (Alfonso Agra). Tenente do cuartel.
- Enrique "Quique" Parcero (Miguel Canalejo), cabo da Gardia Civil.
- Raquel Neira (Isabel Naveira). Irmá da inspectora Marga Neira e administrativa do serradoiro dos Soutelo. Estivo casada con Pancho e ten un fillo de Gonzalo Soutelo.
- Dona Teresa (Uxía Blanco). Nai de Gonzalo Soutelo.
- Evaristo Fiúza (Antonio Mourelos). Pai de Román e cacique de Serramoura, dono da meirande parte dos terreos, empresas e propiedades do pobo.
- Román Fiúza (Chechu Salgado). Fillo dos Fiúza. É socio dun invernadoiro e mantén unha relación con Álex.
- Gloria Fiúza/Moscoso (Sabela Arán). Muller de Evaristo Fiúza e madrasta de Román Fiúza.
- Hugo Aradas (Tito Asorey). Avogado da familia Fiúza.
- Mario Piñeiro alias Santos (Monti Castiñeiras). Delincuente habitual de Serramoura
- Francisco "Pancho" Suárez (Xabier Deive). Traballa no empresa de madeira de Evaristo Fiúza, marido Raquel Neira e pai de Álex.
- Ramón "Moncho" Neira (Miguel Borines). Pai de Marga e Raquel Neira.
- Luz (Mariana Expósito). Camareira da taberna de Evaristo Fiúza.
- Peixe (Andrés Giráldez).
- Roi Quiroga (Xúlio Abonjo). Sarxento da Garda Civil que substitúe a Diego Bazán.
- Patri (Sonia Méndez). Cabo da Garda Civil.
Personaxes secundarios
editar- Mónica Triáns/Márquez (Sara Casasnovas). Asasinada no primeiro capítulo, con aparicións esporádicas ata o capítulo 13. Asasinada por Gonzalo Soutelo.
- Emilio de la Cruz (Xosé Barato). O médico de Serramoura. Asasinado no capítulo 10 por Gonzalo Soutelo.
- Gonzalo Soutelo (Fran Paredes). Ex-propietario do serradoiro de Serramoura. Suicidouse no capítulo 17.
- Don Amancio (Xavier Estévez). O cura de Serramoura.
- Kiko (Kiko Carracedo). Traballador e matón de Evaristo Fiúza.
- Rogelio (César Cambeiro). O alcalde de Serramoura.
- Merche (Ánix Vidal). A muller do exalcalde.
- Raúl Salzar (Xosé Manuel Esperante)
- Tito (Sergio Zearreta). Traballador do serradoiro.
- Andrés (Suso Cortegoso). Pirómano.
- Víctor (Marcos Correa)
- Félix (Pepe Penabade). Dono do club Bolboreta.
- Chisco (Vicente Mohedano). Sicario.
- Sara (Estíbaliz Veiga). Irmá de Luz. (Capítulos 12-17)
- Xuíz Xoaquín (Chencho Campos)
- Xoán (Artur Trillo). Membro da cuadrilla de Evaristo.
- Pablo (Rubén Castro). Irmán de Xoán.
- Inés Carro (Mónica García). Sarxento enviada para levar o caso do secuestrador de rapazas. . (Capítulos 20-23)
- Anxo Rincón (Fernando Dacosta). O secuestrador de rapazas. Morre asasinado por Inés Carro. (Capítulos 20-23)
- Candi (Paulo Serantes) (Capítulos 26-27) Irmán de Iago.
- Iago (Alberto Rolán) (Capítulos 26-28) Irmán de Candi.
- María (María Salgueiro). (Capítulo 14-29)[1]
- Roque (Toño Casais). (Capítulo 14-29)[1]
- Carmen Varela (Iria Pinheiro). A nai de Marga e Raquel.
- Vigairo (Marcos Viéitez).
- Claudio Noriega (Marcos Orsi).
- Lourdes (Carmen Blanco).
- Pepe (Xan Casas).
- Helena (Paula Pier). Filla de María e Roque. (Capítulo 17-29)
- Silvia (Mariña Sampedro). Filla de María e Roque. (Capítulo 17-29)
- Tino Moreira (Ando Caravajal). Un madeirista de Serramoura.
- Marisa (Mariana Carballal). Muller de Tino.
- Álex Suárez Neira (Sheyla Fariña). Filla de Raquel e Pancho. (Capítulos 1-30)
- Ramiro (Iñaqui Rosado). Violador de Luz.
- Martín (Denís Gómez). (Temporada 1,2,3) Novo médico de Serramoura e sobriño carnal de Teresa.
- Solokov (César Aldea). Un dos xefes rusos.
- Mari Carmen «Maca» (Arantxa Treus). A secretaria do alcalde, de Rogelio e Evaristo.
- Olaia Piñeiro (Leire Rodríguez). Olaia é a filla máis vella dos Piñeiro e a única que se salvou do crime tan espantoso que aconteceu na súa familia na cal morreron os seus pais e o seu irmán.
- Martín Piñeiro (Fernando Torres). Pai de Olaia brutalmente asasinado xunto á súa muller e o seu fillo no Capítulo 39 "Contar ata Cen".
- Aurora Garrido (Almudena Ripamonti). A profesora de inglés de Olaia Piñeiro.
- Camilo Currás (Tacho González). O director do colexio.
- Marcial Cesures (Santi Prego)
- Fatmir (José Luis López Sacha)
- Micaela Morais (Melania Cruz). Unha xefa galega da banda dos rusos.
- Clara Durán (Paula Sanmartín). Unha garda civil infiltrada na banda dos rusos.
- África (Cristina Iglesias).
- Abel (Mateo González). Un psicólogo que colabora coa Garda Civil, que volveu corrupto para salvar ó seu irmán Elías.
- Elías (Javier Varela). Un louco que estaba tiña unha relación coa súa irmá, a cal se suicidou porque Abel os separara. E secuestrou varias rapazas para substituíla.
- Alicia (Laura Míguez). A rapaza secuestrada por Elías para substituír a súa irmá Alicia.
- Cabo Beatriz Vara (Marta Lado).
- Daniel Bolaño (Manuel Regueiro). Un dos criminais máis perigosos que pasaron por Serramoura.
- Capitán Sandra Cerqueiro (Mónica Caamaño). Unha capitán da Garda Civil corrupta que emprega métodos ilegais para acabar cos delincuentes.
- Tenente Dolores Rivas (Susana Sampedro). Foi tenente no cuartel de Serramoura. Mantivo unha relación sentimental con Santos. Acaba secuestrada e asasinada por Antía Rey.
- Isabel (Miriam Rodríguez Gallego)
- Aurora (Ledicia Sola)
- Brais (Alejandro Jato)
- Tania Márquez (Magdalena Barro)
- Carla (Raquel Espada). Veterinaria.
- Álvaro (Lino Braxe). Pai de Carla.
- Berta (Carmen Méndez). Propietaria dunha explotación gandeira.
- Rebeca (Ana Conca). Representante dunha multinacional madeireira.
- Matías (Manuel Lorenzo). Abade do mosteiro de Santa Catarina.
- Xerardo (Lucho Penabade). Abade do mosteiro de Santa Catarina.
- Ezequiel (Fran Lareu). Monxe da congregación de Santa Catarina.
- Sabela (Catuxa Leira)
- Darío (Xaquín Domínguez)
- Eduardo (Manuel Sanmartín). Perigoso criminal.
- Emilia (Iris Darriba)
- Kiko (Kiko Carracedo). Cuadrilátero de Evaristo.
Episodios e audiencias
editar- Artigo principal: Lista de episodios de Serramoura.
Tempada | Nº Episodios | Estrea | Final | Audiencia media | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Cota | |||||
1 | 24 | 5 de outubro de 2014 | 22 de marzo de 2015 | 181 000 | 15,0% | |
2 | 15 | 4 de outubro de 2015 | 17 de xaneiro de 2016[2] | 167 000 | 15,2% | |
3 | 9 | 8 de maio de 2016[3] | 10 de xullo de 2016 | 132 000 | 12,3% | |
4 | 18 | 2 de outubro de 2016 | 29 de xaneiro de 2017 | 181 000 | 17,4% | |
5 | 21 | 5 de febreiro de 2017 | 25 de xuño de 2017 | |||
6 | 20 | 22 de outubro de 2017 | 28 de febreiro de 2018 | 122 000 | 12,4% | |
7 | 15 | 11 de marzo de 2018 | 17 de xuño de 2018 | 124 000 | 12,2% | |
8 | 16 | 7 de outubro de 2018 | 20 de xaneiro de 2019 | 112 000 | 11,5% | |
9 | 18 | 27 de xaneiro de 2019 | 9 de xuño de 2019 | |||
10 | 10 | 3 de maio de 2020 | 5 de xullo de 2020 | |||
11 | 7 | 13 de setembro de 2020 | 25 de outubro de 2020 | 89 000 | 10,6% | |
Total | 173 | 2014 | 2020 | 133 890 | 12,9% |
Galardóns e nomeamentos
editarNos Premios Mestre Mateo de 2014, Serramoura estivo nomeado a 9 premios en 8 categorías, resultando gañador no premio á mellor serie de televisión. Nos Premios Mestre Mateo de 2015, Serramoura volve estar nomeada a 9 premios en 9 categorías.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2014 | Mellor serie de televisión | Voz Audiovisual para TVG | Gañadora |
Mellor director | Miguel Conde e Jorge Saavedra | Nomeados | |
Mellor actriz protagonista | Lucía Regueiro | Nomeada | |
Mellor actor secundario | Antonio Mourelos | Nomeado | |
Monti Castiñeiras | Nomeado | ||
Mellor guión | Alberto Guntín, Víctor Sierra e Xosé Morais | Nomeados | |
Mellor música orixinal | Manu Conde | Nomeado | |
Mellor son | Alfonso Couceiro e Víctor Seixo | Nomeados | |
Mellor fotografía | Xosé Manuel Neira | Nomeado | |
2015 | Mellor serie de televisión | Voz Audiovisual para TVG | Gañadora |
Mellor director | Miguel Conde, Jorge Saavedra e Manuel A. Espiñeira | Nomeados | |
Mellor actor secundario | Monti Castiñeiras | Nomeado | |
Mellor guión | Alberto Guntín, Víctor Sierra e Xosé Morais | Nomeados | |
Mellor dirección de arte | Ángel Amaro | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Paula Fernández | Nomeada | |
Mellor montaxe | Marisol Torreiro, Dani Castro, Óscar González, Lu Rodríguez, Pablo Muñoz e Pablo Paz | Nomeados | |
Mellor música orixinal | Manu Conde | Nomeado | |
Mellor son | Alfonso Couceiro e Víctor Seixo | Nomeados |
Celtic Media Festival
editarAno | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor serie de drama | Voz Audiovisual para TVG | Nomeado |
Emisión noutros países
editarDesde o 25 de outubro de 2016[4] a canle rusa AXN Sci-Fi emite a serie co título de Черный лес.
Tamén se emitiu nos Estados Unidos baixo o nome de Black Forest.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Unha amiga da infancia de Evaristo chega hoxe a "Serramoura", mentres que Santos intenta facerse co serradoiro dos Soutelo". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2015. Consultado o 20 de abril de 2015.
- ↑ «Serramoura» despide su segunda temporada con una nueva muerte
- ↑ "Serramoura trae novas tramas e intrigas paras as noites dos domingos na TVG". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 08 de maio de 2016.
- ↑ A serie da Televisión de Galicia 'Serramoura' chega ás pantallas rusas CRTVG, 10 de outubro de 2016
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Serramoura, na web da CRTVG