Shanghai Express (filme)
Shanghai Express é un filme estadounidense de 1932 dirixido por Josef von Sternberg con Marlene Dietrich, Clive Brook, Anna May Wong e Warner Oland como protagonistas. O guión foi escrito por Jules Furthman, baseado nunha historia de 1931 de Harry Hervey. Shanghai Express foi o cuarto de sete filmes realizados por von Sternberg con Dietrich como actriz principal.
Shanghai Express | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Josef von Sternberg |
Produtor | Adolph Zukor |
Guión | Jules Furthman Harry Hervey (historia) |
Intérpretes | Marlene Dietrich Clive Brook Anna May Wong |
Música | W. Franke Harling Rudolph G. Kopp |
Fotografía | Lee Garmes James Wong Howe |
Montaxe | Frank Sullivan |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 12 de febreiro de 1932 |
Duración | 80 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Recadación | 3,7 millóns de dólares |
Lingua | Inglés, alemán, francés, mandarín |
Na rede | |
Shanghai Express estreouse durante a Gran Depresión, e foi un éxito de audiencia, recadando uns 3,7 millóns de dólares só nos Estados Unidos, converténdose no maior éxito comercial das colaboracións entre Dietrich e von Sternberg, sendo o filme con maior recadación dese ano superando a Grand Hotel.[1][2]
Shanghai Express tivo dous remakes, Night Plane from Chungking (1942) e Peking Express (1951).
Sinopse
editarEn 1931, a China vese envolta nunha guerra civil. Os amigos do capitán británico Donald "Doc" Harvey envídiano porque a fabulosa e célebre Shanghai Lily é unha compañeira de pasaxe no tren expreso de Pequín a Shanghai. Debido a que o nome non significa para el, cóntanlle que ela é unha cortesana. Durante a viaxe, Harvey atópase con Lily, que resulta ser Madeline, a súa antiga amante. Cinco anos antes, ela xogáralle unha mala pasada para avaliar o seu amor por ela, mais foi contraproducente e el abandonouna.
Elenco
editar- Marlene Dietrich como Shanghai Lily / Madeline
- Clive Brook como Captain Donald "Doc" Harvey
- Anna May Wong como Hui Fei
- Warner Oland como Henry Chang
- Lawrence Grant como Reverend Carmichael
- Eugene Pallette como Sam Salt
- Gustav von Seyffertitz como Eric Baum
- Louise Closser Hale como Mrs. Haggerty
- Émile Chautard como Major Lenard
Produción
editarAínda que o filme se rodou na China, houbo poucos actores chineses na produción.[3] A rodaxe durou de agosto a novembro de 1931 e estreouse en 1932.[4]Modelo:Sfnb
Baseouse na historia de Henry Hervey "Sky Over China", tamén coñecida como "China Pass", que á súa vez estaba levemente baseada no incidente de Lincheng do 6 de maio de 1923 en que un señor da guerra de Shandong capturou o tren expreso de Shanghai a Pequín, tomando 25 occidentais e 300 chineses como reféns. Todos os pasaxeiros, entre os que estaba Lucy Aldrich, foron liberados.[5][6] A historia inclúe tamén elementos do conto "Boule de Suif" de Guy de Maupassant en canto a que os viaxeiros son detidos nun país en guerra e unha muller é obrigada a deitarse co comandante ao cargo. Porén, modificouse o desenlace.
Os xefes da Paramount estaban preocupados porque a Oficina Hays vixiase de preto o filme por mor da representación do reverendo Carmichael e da revolución chinesa.[7]
Notas
editar- ↑ "Shanghai Express (1932) Review, with Marlene Dietrich, Anna May Wong and Colin Brook". Pre-Code.Com. 7 de abril de 2016.
- ↑ "The Highest Grossing Films of Pre-Code Hollywood". 12 de maio de 2013.
- ↑ Leong 2005, pp. 181-182
- ↑ Landazuri, Margarita. "Shanghai Express". Turner películas clásicas. Consultado o 2 de xullo de 2015
- ↑ French 2006
- ↑ Nozinski 1990
- ↑ "Notas: 'Shanghai Express'". Turner películas clásicas. Consultado o 2 de xullo de 2015.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Leong, Karen J. The China Mystique: Pearl S. Buck, Anna May Wong, Mayling Soong, and the Transformation of American Orientalism. Berkeley, California: University of California Press, 2005. ISBN 0-520-24422-2.
- Liu, Cynthia W. "When Dragon Ladies Die, Do They Come Back as Butterflies? Re-imagining Anna May Wong." Countervisions: Asian American Film Criticism. Hamamoto, Darrel e Sandra Liu, (editors). Philadelphia: Temple University Press, 2000, pp. 23–39. ISBN 1-56639-776-6.
- Nozinski, Michael J. Outrage at Lincheng: China Enters the Twentieth Century. Centennial, Colorado: Glenbridge Publishing Ltd., 1990. ISBN 978-0-9444-3507-6.
- Spence, Jonathan. "Shanghai Express". En Carnes, Mark C. Past Imperfect: History According to the Movies. New York: Holt, 1996. pp. 208–211.
Ligazóns externas
editar- Shanghai Express en Virtual History