Simon Gallup

músico británico

Simon Jonathon Gallup (nado o 1 de xuño de 1960 en Duxhurst (Surrey) é un músico inglés, baixista da banda post-punk The Cure.

Modelo:BiografíaSimon Gallup

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Simon Jonathon Gallup Editar o valor en Wikidata
1 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Surrey, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista, baixista, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo, new wave, post-punk e Rock gótico Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo e teclado Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0303244 MySpace: simongallup BNE: XX936954 Last fm: Simon+Gallup Musicbrainz: 48555d10-ded8-4172-a737-33bffc0125d5 Discogs: 412942 Allmusic: mn0000754689 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Simon é o máis novo de seis irmáns nacidos da parella formada por Bob e Peg Gallup. Xunto coa súa primeira muller, Carol Thompson, tocou nunha banda chamada The Magazine Spies. Antes de unirse a The Cure, Gallup tamén foi baixista do grupo de punk rock Lockjaw.

Gallup comezou a tocar con The Cure en 1979, substituíndo a Michael Dempsey no baixo. Tamén fai labores de teclista dende a saída de Matthieu Hartley en 1980. En 1982 foi expulsado do grupo despois dunha suposta pelexa nun bar con Robert Smith, pouco tempo despois de gravar o álbum Pornography e de rematar a súa xira de promoción.

Durante ese tempo formou o grupo Fools Dance (inicialmente chamado The Cry), e en 1984 regresou a The Cure, despois de que Smith o convidase a unirse novamente á banda.

A finais de 1992 tomouse un tempo de descanso durante a xira de Wish, despois de ter sido ingresado no hospital por unha pleurite. Durante a súa ausencia sería substituído no baixo polo anitigo membro de Associates e Shelleyan Orphan Roberto Soave.

  NODES
punk 3