A sinigrina é un glicosinolato que pertence á familia dos glicósidos que se encontra nalgunhas plantas da familia das brasicáceas como as coles de Bruxelas, brócoli, e en sementes de mostaza negra (Brassica nigra) entre outras moitas. Cando os tecidos da planta que conteñen sinigrina son esmagados, relados ou danados, o encima da planta mirosinase degrada a sinigrina orixinando aceite de mostaza (alil isotiocianato), que é responsable do sabor picante da mostaza e do ravo picante (Armoracia rusticana).[1] As sementes da mostaza branca, Sinapis alba, orixinan unha mostaza moito menos picante porque esta especie contén un glicosinato diferente chamado sinalbina.

Sinigrina
Identificadores
Número CAS 3952-98-5
PubChem 23682211
MeSH Sinigrin
ChEBI CHEBI:79317
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H16KNO9S2
Masa molecular 397,46 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O nome químico da sinigrina é alilglicosinolato ou 2-propenilglicosinolato.

A sinigrina é tamén alelopática (os seus produtos químicos inflúen no crecemento doutros organismos).[2].

  1. Richard, H. "Arômes alimentaires" (PDF) (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2007. Consultado o 05 de decembro de 2015. 
  2. Lankau R. 2008. A chemical trait creates a genetic trade-off between intra- and interspecific competitive ability. Eco. 89(5): 1181-1187.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES