Sistema de condución do corazón

O sistema de condución cardíaco é un conxunto de estruturas que forman parte da anatomía do corazón encargadas de transmitir o impulso eléctrico responsábel da contracción cardíaca a expensas do miocardio.

Sistema de condución cardíaco
Sistema de condución eléctrica do corazón:
  1. Nó sinusal
  2. Feixe de Bachmann
  3. Tracto internodal anterior
  4. Tracto internodal medial
  5. Tracto internodal posterior
  6. Nó auriculoventricular
  7. Feixe de His
  8. Rama deita
  9. Rama esquerda
  10. Feixe anterior esquerdo
  11. Feixe posterior esquerdo
  12. Fibras de Purkinje

O estímulo eléctrico orixínase no nó sinusal, situado na aurícula dereita. Tras atravesar os diferentes feixes intranodais, o impulso eléctrico chega ao nó auriculoventricular, onde se produce un desfase duns milisegundos na condución eléctrica. Dito decalaxe permite que as aurículas e os ventrículos non se contraian á vez, contribuíndo a unha sístole efectiva. Do nó AV, o impulso baixa polo feixe de His até as fibras de Purkinje, onde estimulan as diferentes células do miocardio para se contraeren.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
INTERN 3
todo 1