Sisto III, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Sisto III,[1] nado en Roma e finado o 18 de agosto de 440, foi o papa nº 44 da Igrexa católica de 432 a 440.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 390 Roma, Italia |
Morte | 19 de agosto de 440 (49/50 anos) Roma, Italia |
44º Papa | |
1 de agosto de 432 – 18 de agosto de 440 (Gregoriano) ← Celestino I – León I → | |
Datos persoais | |
Outros nomes | San Sisto |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de agosto |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Sixtus III. |
Traxectoria
editarNacido no seo da familia Colonna pronto se convertería nun membro influente no contorno dos papas Zósimo, Bonifacio I e Celestino I a pesar de que na súa mocidade se sentise atraído polas doutrinas pelaxianistas, aínda que parece ser que volveu á ortodoxia grazas á súa correspondencia con San Agostiño.
O seu pontificado, iniciado tras o Concilio de Éfeso, celebrado en 431, estivo marcado polo nestorianismo, doutrina que xunto ao pelaxianismo, fora condenada no mesmo. E iso provocou que fose acusado de abrazar os seus postulados. Sisto, para rebater ditas acusacións fixo reconstruír a basílica de Santa María a Maior, que ao dedicala a María como nai de Deus, supoñía a súa aceptación do título de Theotókos que o concilio de Éfeso outorgara a María en contra das doutrinas nestorianas que só lle outorgaban o título de Khristotókos (nai de Xesús).
Así mesmo velou pola conservación dos dereitos da Santa Sé ao confirmar que Iliria dependía eclesiasticamente da diocese de Tesalónica e non da de Constantinopla como pretendía o patriarca de dita cidade. Restaurou en Roma as basílicas de Santa Sabina no monte Aventino e San Lourenzo Extramuros. Un dos seus principais logros foi restaurar a paz entre Cirilo de Alexandría e os sirios.
Faleceu o 18 de agosto de 440 sendo enterrado en San Lourenzo Extramuros.
Notas
editar- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.