Pezophaps solitaria
Pezophaps solitaria Solitario de Rodrigues | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Facsímile do único debuxo realizado a partir dunha ave en vida, por François Leguat, en 1708 | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Extinto dende c. 1760[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Pezophaps solitaria Gmelin, 1789 |
O solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria) é unha especie extinta de ave da orde das columbiformes, subfamilia dos colúmbidos, unha das dúas integrantes da subfamilia dos rafinos, e a única do xénero Pezophaps que, polo tanto, é monotípico.
Era endémica da illa Rodrigues, e unha parente achegada da outra especie da subfamilia, Raphus cucullatus, o dodo e, como este, perdera a capacidade de voo.
Historia
editarA primeira observación da ave realizouna François Leguat, o xefe dun grupo de hugonotes franceses que colonizaron a illa de 1691 a 1693. Describiu a ave con certo detalle, incluíndo o seu solitario comportamento de aniñamento. Os hugonotes gabaron a ave polo seu sabor, especialmente o das crías.
Debido á caza e á introdución de depredadores como o gato, as aves pronto comezaron a escasear e cando, en 1755, Cossigny intentou obter un exemplar non o puido encontrar. O solitario de Rodrigues seguramente extinguiuse cara a 1760.
Taxonomía
editarDescrición
editarXénero
editarO xénero foi descrito en 1848 polo ornitólogo (e xeólogo) inglés Hugh Edwin Strickland na páxina 70 e ss. da súa obra The dodo and its kindred; or, The history, affinities, and osteology of the dodo, solitaire, and other extinct birds of the islands Mauritius, Rodriguez and Bourbon.
Especie
editarEn canto á especie, fora descrita moitos anos antes, en 1789, polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, co nome de Didus solitarius.[2]
Etimoloxía
editarXénero
editarO nome científico Pezophaps está formado polos elementos Pezo- e -phaps, tirados do grego antigo πεζο- pezo-, derivado de πέζα péza, 'pé', e φάψ pháps, 'pomba silvestre', respectivamente. Literalmente: 'os de pés como os das pombas'.[3]
Especie
editarO epíteto específico, solitarius, é o nominativo masculino singular do adxectivo latino, sōlitārius, -a, -um, 'solitario', en alusión aos costuimes desta ave.
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[4]
- Didus solitarius Gmelin, 1789 (Protónimo)
- Didus nazarenus Bartlett, 1851
- Pezophaps solitarius Strickland, 1848
- Pezophaps minor Strickland, 1852
Características
editarRecolléronse un gran número de ósos da ave, pero non hai espécimes montados. Os solitarios caracterizábanse por unha grande e infrecuente protuberancia ósea na base do polgar. En vida, esta protuberancia estaría cuberta por unha grosa capa de pel, e parece que se usou como arma (unha protuberancia similar pódese encontrar no ganso do Canadá). As observacións do solitario parecen indicar que a cría por parellas era moi territorial, e é presumíbel que os machos realizaran disputas golpexándose coas ás.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2016): Pezophaps solitaria na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultado o 24 de abril de 2019.
- ↑ Carolus Linnaeus (1758). Systema Naturae 1, lámina 2, páx. 728.
- ↑ Pezophaps no Merriam-Wesbster Dictionary.
- ↑ Pezophaps solitaria - Solitario de Rodriguez en bichosdecambalandia.blogspot.com
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pezophaps solitaria |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pezophaps solitaria |