Sophia Loren
Sofia Villani Scicolone, máis coñecida como Sophia Loren, nada o 20 de setembro de 1934 en Roma, é unha actriz italiana gañadora dos premios Oscar e Globo de Ouro.
Traxectoria
editarFilla da mestra de piano Romilda Villani e o enxeñeiro Riccardo Scicolone, creceu en Pozzuoli (preto de Nápoles) durante a segunda guerra mundial.
Loren comezou a súa carreira en actuación a comezos da década de 1950, con pequenos papeis en películas italianas. Neses tempos, actuou como extra xunto coa súa nai na película Quo Vadis, que foi filmada en Roma. Traballou tamén como modelo en fotonovelas semanais (fotoromanzi), acreditada como Sofia Villani ou Sofia Lazzaro. Foi modelo en varios concursos de beleza, onde gañou varios premios e coñeceu ó seu futuro marido, Carlo Ponti, produtor de películas, con quen casou o 17 de setembro de 1957. Xuntos terían dous fillos, Carlo Ponti Jr. e Edoardo Ponti. O matrimonio foi anulado temporalmente para evitar unha demanda legal contra Ponti tras acusarlle de bigamia, e casaron novamente en 1966.
Cinema
editarA súa carreira comezou a coller pulo cando coñeceu, en 1954, a Vittorio De Sica e Marcello Mastroianni. Para a segunda metade da década de 1950, Loren era popular en Hollywood, protagonizando películas xunto con Frank Sinatra e Cary Grant. Loren asinou un contrato por cinco películas cos estudos Paramount. Entre os seus traballos desta época están Desexo baixo os olmos (Desire under the elms, con Anthony Perkins), Houseboat (con Cary Grant) e O pistoleiro de Cheyenne, baixo a dirección de George Cukor, en 1960.
Sophia Loren gañou o respecto da audiencia pola súa participación en dramas e comedias, especialmente en proxectos italianos, onde era máis libre para expresarse. En 1960, o seu papel en Dúas mulleres, de Vittorio De Sica, proporcionoulle varios premios, entre eles o de mellor actriz nos festivais de Cannes, Berlín e Venecia. Ademais, gañou o premio Oscar como mellor actriz, sendo a primeiro persoa que o gañaba cunha actuación nun idioma diferente ó inglés. Porén a súa típica aparencia dunha actriz fermosa, pero cabeza oca, Loren era recoñecida pola súa intelixencia e agudeza. Un dos seus ditos máis frecuentemente recorridos, refírese á súa dieta: "todo o que ven, débollo ó spaghetti".
En 1980, Sophia Loren tivo o raro privilexio de actuar como ela mesma e como a súa nai, no filme biográfico para televisión. A película estaba baseada no seu libro autobiográfico titulado Sophia: a súa propia historia. O seu nome apareceu nos encabezados de todo o mundo en 1982 por razóns extraartísticas, pois recibiu unha sentenza de cárcere de 18 días, por evasión fiscal.
Xa nos seus sesentas, Loren foi máis selectiva nos seus papeis, e ademais incursionou noutros tipos de negocios, publicando libros de cociña, publicitando anteollos, xoiería e perfumes, sendo a primeira actriz en lanzar unha fragrancia propia. Actuou na película Prêt-à-Porter, de Robert Altman, e na comedia Grumpier Old Men, xunto con Walter Matthau e Jack Lemmon.
En 1991, Loren recibiu un Oscar honorario pola súa contribución ó mundo do cine, e foi declarada un dos tesouros mundiais do cine. En Chile, esta actriz é homenaxeada co nome dunha Locomotora Italiana bautizada na súa Honra (E32), a cal presta servizos en Ferrocarrís do Estado desde 1962.
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1950 | Io sono il capataz | Secretaria do dictador | |
Le Sei mogli di Barbablù | Moza raptada | ||
Tototarzan | Fan do círculo Tototarzanista | ||
Il voto | Moza no festival Piedigrotta | ||
Cuori sul mare | Extra | Sen acreditar | |
1951 | White Leprosy | Rapaza | |
Owner of the Vapor | Ballerinetta | ||
Milano miliardaria | Extra | Sen creditar | |
Magician for Force | A noiva | ||
Quo Vadis | Escrava de Lygia | Sen acreditar | |
It Was Him!... Yes! Yes! | Odalisca | ||
Anna | Asistente do local nocturno | Sen acreditar | |
1952 | È arrivato l'accordatore | Amiga de Giulietta | |
Il sogno di Zorro | Conchita | Acreditou como Sofia Scicolone | |
The Favorite | Leonora | ||
1953 | The Country of Campanelli | Bonbon | |
Pilgrim of Love | |||
We Find Ourselves in the Gallery | Marisa | ||
Due notti con Cleopatra | Cleopatra/Nisca | ||
Girls Marked Danger | Elvira | ||
Good Folk's Sunday | Ines | ||
Aida | Aida | ||
Africa Under the Seas | Barbara Lama | ||
1954 | Carosello napoletano | Sisina | |
Un giorno in pretura | Anna | ||
The Anatomy of Love | Rapaza | ||
Miseria e nobiltà | Gemma | ||
L'oro di Napoli | Sofia | Segmento "Pizze a Credito" | |
Attila, il flagello di Dio | Honoria | ||
Peccato che sia una canaglia | Lina Stroppiani | ||
1955 | Il segno di Venere | Agnese Tirabassi | |
La bella mugnaia | Carmela | ||
La donna del fiume | Nives Mongolini | ||
Pane, amore e... | Donna Sofia | ||
1956 | La fortuna di essere donna | Antonietta Fallari | |
1957 | A serea e o delfín | Phaedra | |
Orgullo e paixón | Juana | ||
Legend of the Lost | Dita | ||
1958 | Desire Under the Elms | Anna Cabot | |
The Key | Stella | ||
The Black Orchid | Rose Bianco | ||
Houseboat | Cinzia Zaccardi | ||
1959 | That Kind of Woman | Kay | |
1960 | O pistoleiro de Cheyenne | Angela Rossini | |
It Started in Naples | Lucia Curio | ||
The Millionairess | Epifania Parerga | ||
A Breath of Scandal | Princesa Olympia | ||
Dúas mulleres | Cesira | ||
1961 | El Cid | Ximena Díaz | |
Madame Sans-Gêne | Catherine Hubscher, coñecida como "Madame Sans-Gêne" | ||
1962 | Boccaccio '70 | Zoe | Segmento "La Riffa" |
I sequestrati di Altona | |||
Le Couteau dans la plaie | Lisa Macklin | ||
1963 | Ieri, oggi, domani | Adelina Sbaratti/Anna Molteni/Mara | |
1964 | A caída do Imperio Romano | Lucila | |
Matrimonio all'italiana | Filumena Marturano | ||
1965 | Operation Crossbow | Nora | |
Lady L | Lady Louise Lendale/Lady L | ||
1966 | Judith | Judith | |
Arabesco | Yasmin Azir | ||
1967 | A Countess from Hong Kong | Natasha | |
More Than a Miracle | Isabella Candeloro | ||
1968 | Questi fantasmi | Maria Lojacono | |
1970 | I girasoli | Giovanna | |
1971 | La mortadella | Maddalena Ciarrapico | |
La moglie del prete | Valeria Billi | ||
1972 | Man of La Mancha | Aldonza/Dulcinea | |
1973 | Bianco, rosso e... | Hermana Germana | |
1974 | A viaxe | Adriana de Mauro | |
Verdict | Teresa Leoni | ||
Brief Encounter | Anna Jesson | Telefilme | |
1975 | La pupa del gangster | Pupa | |
1976 | The Cassandra Crossing | Jennifer Rispoli Chamberlain | |
1977 | Una giornata particolare | Antoinette | |
1978 | Fatto di sangue fra due uomini per causa di una vedova. Si sospettano moventi politici | Titina Paterno | |
Brass _target | Mara | ||
Angela | Angela Kincaid | ||
1979 | Firepower | Adele Tasca | |
1980 | Sophia Loren: Her Own Story | Ela mesma/Romilda Villani (a súa nai) | |
1984 | Qualcosa di biondo | Aurora | Telefilme |
1986 | Courage | Marianna Miraldo | Telefilme |
1988 | The Fortunate Pilgrim | Lucia | Miniserie de televisión |
1989 | Running Away | Cesira | Miniserie de televisión |
1990 | Saturday, Sunday and Monday | Rosa Priore | |
1994 | Prêt-à-Porter | Isabella de la Fontaine | |
1995 | Grumpier Old Men | Maria Sophia Coletta Ragetti | |
1997 | Soleil | Maman Levy | |
2001 | Francesca e Nunziata | Francesca Montorsi | Miniserie de televisión |
2002 | Between Strangers | Olivia | |
2004 | Peperoni ripieni e pesci in faccia | Maria | |
Lives of the Saints | Teresa Innocente | Miniserie de televisión | |
2009 | Nine | Mamma | |
2010 | My House Is Full of Mirrors | Romilda Villani | Miniserie de televisión |
2011 | Cars 2 | Mama Topolino | voz |
2013/14 | La Voce Umana | Curtametraxe |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sophia Loren |