Soviet Militar Revolucionario

Soviet Militar Revolucionario ou Revvoensoviet ou RVS (en ruso: 'Революционный Военный Совет ou Реввоенсовет ou РВС'), tamén traducido como Consello Militar Revolucionario, foi a suprema autoridade militar da Rusia soviética entre 19181934. Instituído por decreto do Comité Executivo Central de Todas as Rusias (VTsIK) o 2 de setembro de 1918 no coñecido como "Decreto sobre a Declaración da República Soviética no Campo Militar".

Membros do Revvoensoviet (Soviet Militar Revolucionario) da URSS (de esquerda a dereita). Sentados: I. Yakir, A. Yegórov, S. Kámenev, K. Voroshílov, S. Budionni, M. Lavandovsky. De pé: K. Avkséntievski, B. Sháposhnikov, I. Belov, I. Uborévich. Decembro de 1927.

Non debe confundirse co Comité Revolucionario Militar (CRM) ou Voenrevkom ou VRK (ruso: Военно-революционный комитет o Военревком o ВРК), creado polo Soviet de Petrogrado o 16 de outubroxul./ 29 de outubrogreg. de 1917 e que dirixiu a Revolución de Outubro proclamando o derrocamento do Goberno Provisional Ruso, nin cos Comités Militares Revolucionarios creados polas organizacións militares do Partido Bolxevique ao longo e ancho de toda Rusia durante a Revolución. Foi disolto o 5 de decembroxul./ 18 de decembrogreg. do mesmo ano.[1][2][3]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1