Spiderland é o segundo e derradeiro álbum da banda estadounidense de post-rock Slint, publicado o 27 de marzo de 1991 a través do selo Touch and Go Records. Cunhas dinámicas dramaticamente alternas e unhas voces que van dende a palabra falada ata os berros, o disco contén letras que fan fincapé na alienación. Spiderland foi a primeira edición con Touch and Go, e o derradeiro álbum do grupo.

Spiderland
Álbum de Slint
Publicado27 de marzo de 1991
Gravaciónagosto - outubro de 1990
Estudio(s)River North Records en Chicago
Duración39:38
Xénero(s)post-rock, post-hardcore, math rock
Selo(s)Touch and Go Records
ProdutorBrian Paulson
Cronoloxía
Tweez Spiderland EP sen título
Na rede
Spotify: 64v1yzdytF7Trfzswc0bRo Last fm: Slint/Spiderland Discogs: 38099 Allmusic: mw0000267497 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aínda que Spiderland non foi amplamente recoñecido tras o seu lanzamento inicial, finalmente vendeu máis de 50.000 copias e converteuse nunha peza clave da música underground tras a separación de Slint. O álbum foi moi influente nos estilos de moitas bandas de post-rock e math rock, como Mogwai e Godspeed You! Black Emperor, e foi nomeado como favorito por varios músicos de indie rock. No ano 2007 Slint reuniuse para unha xira na que nos concertos tocaron Spiderland na súa totalidade.

En novembro de 2003 a publicación en liña Pitchfork Media colocou a Spiderland no posto 12 da súa lista dos mellores álbum dos anos 90.[1]

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Todd Brashear, Brian McMahan, David Pajo e Britt Walford, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Breadcrumb Trail"    5:55
2. "Nosferatu Man"    5:35
3. "Don, Aman"  McMahan, Pajo, Walford 6:28
4. "Washer"    8:50
5. "For Dinner..."    5:05
6. "Good Morning, Captain"    7:38
  1. "Top 100 Albums of the 1990s - Page 9". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-16. 
  NODES