Stephan Endlicher

(Redirección desde «Stephan Ladislaus Endlicher»)

Stephan Ladislaus Endlicher, nado en Presburgo (hoxe Bratislava) o 24 de xuño de 1804, e finado en Viena o 28 de marzo de 1849,[1][2] foi un botánico, lingüista, sinólogo, historiador, arqueólogo e numismático austríaco.

Modelo:BiografíaStephan Endlicher

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Stephan Ladislaus Endlicher Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1804 Editar o valor en Wikidata
Bratislava, Eslovaquia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 1849 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena Editar o valor en Wikidata
Member of the Frankfurt Parliament (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, numismático, catedrático, micólogo, lingüista, sinólogo, briólogo, arqueólogo, pteridólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaEndl. Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 244657229 Editar o valor en Wikidata

Foi director do Xardín botánico de Viena e famoso por ser o descritor do xénero Sequoia, entre outros.

Traxectoria

editar

Fillo dun médico, Endlicher estudou filosofía en Pest e en Viena, e teoloxía, desde 1823 a 1826, en Viena, aínda que só recibiu as ordes menores, non sendo ordenado sacerdote.[1][2]

Desde 1826, en Presburgo, centrou a súa atención nos idiomas, estudando especialmente chinés, cuxo coñecemento mostra nalgunhas das súas obras, como Anfangsgründe der chinesischen Grammatik (Viena, 1845) e Atlas von China nach der Aufnahme der Jesuitenmissionäre (Viena, 1843).[1]

En 1836 foi nomeado conservador do Naturhistorisches Museum Wien (Museo de Historia Natural de Viena) e, en 1840, profesor de botánica na Universidade desta cidade, sendo tamén, desde 1839 até a súa morte, en 1849, director do xardín botánico da Universidade de Viena.

Ocúpase especialmente do herbario do xardín botánico, ao que achega a súa propia colección, constituída por máis de 30 000 especies.

Desenvolveu un sistema de clasificación dos vexetais, que foi o principal obxectivo do seu libro Genera plantarum secundum ordines naturales disposita (1836-1850). Nesta obra, separa as talófitas das plantas vasculares.

En 1835 fundou a primeira revista austríaca de historia natural: Annalen des Wiener Museums der Naturgeschichte, que aínda se publica a día de hoxe co nome Annalen des Naturhistorischen Museums in Wien.

Traballou en colaboración con numerosos botánicos, entre eles Gray, Bentham e Brown.

Endlicher describiu durante a súa vida numerosas especies de plantas e varios xéneros, entre eles Sequoia.[3]

Stephan Endlicher participou, así mesmo, en acontecementos políticos, como as revolucións de 1848, e foi membro dos parlamentos alemán e austríaco.

Foi membro das Academias:

Principais obras

editar

Abreviatura

editar

A abreviatura Endl. emprégase para recoñecer a Stephan Endlicher como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[4]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 2
os 31
Theorie 1
todo 1