Super Size Me
Super Size Me é un filme documental estadounidense de 2004 dirixido e protagonizado por Morgan Spurlock, un cineasta independente. O filme conta a experiencia de trinta días de Spurlock, dende o 1 de febreiro ó 1 de marzo de 2003, durante o a cal só comeu produtos de McDonald's. O filme recolle o drástico efecto que tivo no seu estilo de vida e no seu propio benestar físico e psicolóxico, e explora a influencia da industria da comida rápida, incluíndo en como explotan unha nutrición pobre para o seu propio beneficio.
Super Size Me | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Super Size Me |
Director | Morgan Spurlock |
Produtor | Morgan Spurlock |
Guión | Morgan Spurlock |
Intérpretes | Morgan Spurlock Alexandra Jamieson |
Fotografía | Scott Ambrozy |
Montaxe | Julie "Bob" Lombardi |
Estudio | The Con |
Distribuidora | Samuel Goldwyn Films Roadside Attractions |
Estrea | 7 de maio de 2004 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Documental |
Orzamento | $65 000[1][2] |
Recadación | $22 200 000[2] |
Na rede | |
O documental foi nomeado ó Oscar ó mellor documental na 77ª edición dos premios.[3] Como resposta ó éxito do filme, creouse un libro de banda deseñada por Dark Horse Comics con historias que ilustran casos de sustos sanitarios por mor da comida rápida.[4]
Spurlock estreou unha secuela, Super Size Me 2: Holy Chicken!, en 2017.[5]
Notas
editar- ↑ Lee, Christina (2004). The Film Journal, ed. "Super Size Me". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 The Numbers. "Super Size Me". Nash Information Services.
- ↑ The New York Times (ed.). "NY Times: Super Size Me". Consultado o 23 de novembro de 2008.
- ↑ Slaton, Joyce (23 de xullo de 2009). Chow.com, ed. "Coming Soon: Super Size Me, the Comic Book". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2009. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ "Toronto Film Review: ‘Super Size Me 2: Holy Chicken!’". Variety, 14 de setembro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Super Size Me na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)