Suriname

país de América do Sur

Suriname[1][2] (nome oficial: Republiek Suriname) é un país de América do Sur, limitado ao norte polo océano Atlántico, ao leste pola Güiana Francesa, ao sur polo Brasil e ao oeste por Güiana. Área: 163 265 km². Capital: Paramaribo. As cidades máis poboadas son Paramaribo, Nieuw Nickerie e Meerzorg. O seu clima é quente e húmido.

Modelo:Xeografía políticaSuriname
Republiek Suriname (nl)
Ripoliku Sranan (srn) Editar o valor en Wikidata

HimnoGod zij met ons Suriname (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Justitia – Pietas – Fides»
«Justice – Piety – Trust»
«Справедливост - праведност - вяра»
«Cyfiawnder – Ffyddlondeb – Ymddiriedolaeth» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°N 56°O / 4, -56
CapitalParamaribo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación563.402 (2017) Editar o valor en Wikidata (3,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua neerlandesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie163.270 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoJuliana Top (1.280 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Suriname (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación25 de novembro de 1975 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
novembro de 1986Guerra Civil do Suriname (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública (1991–) Editar o valor en Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataChan Santokhi (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataChan Santokhi (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Suriname (pt) Traducir , (Escano: 51) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal2.984.706.244 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar surinamés Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sr Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+597 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 110, 113, 111 e 115 Editar o valor en Wikidata
Código de paísSR Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.sr Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
Artigo principal: Historia do Suriname.

Aínda que mercadores neerlandeses estableceran varias colonias na rexión da Güiana antes, os holandeses non tomaron posesión do que é hoxe o Suriname ata ao Tratado de Breda, que marcou o fin da segunda guerra anglo-holandesa.

Despois de se tornar nunha parte autónoma do Reino dos Países Baixos en 1954, o Suriname conseguiu a independencia en 1975. Un réxime militar dirixido por Desi Bouterse gobernou o país na década de 1980 ata que a democracia foi restablecida en 1988.

Política

editar

Suriname ten unha democracia baseada na constitución de 1987. O poder lexislativo do goberno é exercido pola Asemblea Nacional, constituída de 51 membros. Estes membros son electos cada cinco anos.

A Asemblea Nacional elixe ao presidente, cabeza do poder executivo, por maioría de 2/3. Se ningún candidato consegue tal maioría, o presidente é elixido pola Asemblea do Pobo, unha institución de 340 membros consistente da Asemblea Nacional e Representativos rexionais.

Subdivisións

editar
Artigo principal: Subdivisións de Suriname.

Xeografía

editar
 
Mapa de Suriname.

Suriname, o país máis pequeno de Suramérica, está situado sobre o escudo da Güiana, o punto máis alto é Julianatop (1.286 m sobre o nivel do mar). A terra pode ser artificialmente dividida en dúas partes. A norte, área costeira foi cultivada, e a maior parte da poboación vive alí. A parte sur consiste en selva húmida tropical escasamente habitada.

Xa que está próximo ao ecuador, o clima de Suriname é tropical, e as temperaturas non varían moito durante o ano. O ano ten dúas estacións chuviosas, de decembro a principios de febreiro e de fins de abril a mediados de agosto. No nordés do país atópase o W.J. van Blommesteinmeer, un lago declarado reserva.

Por ter fronteira coa Güiana Francesa, Suriname limita coa Unión Europea.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Suriname.

A súa economía baséase na exportación de aluminio e alumina, camarón, arroz, banana e petróleo. É moi dependente doutros países. Os seus principais socios de comercio son os Países Baixos, os Estados Unidos e países no Caribe.

Está baseada na produción de aluminio que representa aproximadamente o 15% do PIB e dous terzos das exportacións totais. Os problemas económicos do país son graves, debido á forte dependencia do comercio exterior en dous sectores que manteñen desde 2000 bruscos cambios de prezos no mercado internacional: xunto ao aluminio, o petróleo. Isto deriva en modificacións moi notables de PIB, taxa de desemprego, débeda externa e inflación dun ano a outro.

Os plans iniciados en 2001 para reordenar o sistema económico, abrir un proceso de liberalización e mellorar a estrutura produtiva tiveron efectos moi pobres. Algunhas empresas estadounidenses e españolas realizan novas prospeccións e explotacións petrolíferas que están dando bos resultados. Igualmente, o país dispón de importantes reservas mineiras de ouro e bauxita.

Demografía

editar
 
Evolución da poboación entre 1961 e 2003.

A poboación de Suriname está conformada de moitos grupos. A maior deles son os "Hindustani", descendentes de inmigrantes do século XIX da India, cerca do 37% da poboación. Os "criolleros", mestura de branco e negro representan o 31%, mentres que os xavaneses ("importados" das ex Indias Orientais Holandesas como man de obra para as plantacións) e "Maroons" (descendentes de escravos escapados africanos) fan o 15 e 10 % respectivamente. O resto está formado por indios, chineses e brancos.

Debido ao gran número de grupos étnicos no país, non hai unha relixión maioritaria. O cristianismo (44%) (católicos 21,6% e protestantes 18%), o hinduísmo (26%) e o islam (18,6%) son as relixións predominantes.

O neerlandés é a lingua oficial de Suriname. Os surinameses tamén falan as súas propias linguas: sranan tongo (tamén coñecido como surinamés), xavanés e outras. Os caribes e arauacos nativos do lugar falan os seus propios idiomas, como tamén os maroons, aucan e saramacán. Ademais úsanse amplamente o español e o inglés, especialmente en tendas e establecementos orientados ao turismo.

A gran maioría da poboación reside en Paramaribo ou na costa. Hai unha significativa poboación surinamesa nos Países Baixos

Cultura

editar
Artigo principal: Cultura de Suriname.

Debido á mestura de grupos de poboación, a cultura de Suriname é moi diversa. A cultura predominante é unha mestura de elementos neerlandeses, indonesios e indíxenas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surinamés.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 
  NODES
Done 2
eth 1
orte 3
see 2