Surtees
Nome completo Surtees Racing Organisation
Bandeira
Baseada en Edenbridge, Kent, Reino Unido
Tempadas en activo 9 (1970-1978)
Número de pilotos John Surtees
Derek Bell
Carlos Pace
Italia Andrea de Adamich
Mike Hailwood
Alemaña Jochen Mass
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1970
Carreiras 119
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 4
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio do Canadá de 1978

O Surtees Racing Organisation era un equipo de carreiras que pasou nove tempadas (1970-1978) como un construtor en Fórmula 1, Fórmula 2 e Fórmula 5000.

Historia

editar

O equipo foi creado por John Surtees, o piloto tres veces campión do mundo de 500cc de motociclismo e campión mundial de Fórmula Un en 1964. Surtees formou o equipo en 1966 para a recentemente formada serie CanAm ( unha serie ilimitada de coche deportivo), gañando o campionato como propietario/piloto no seu primeiro ano. En 1969 participou noutra categoría recentemente formada, a Fórmula 5000. Por primeira vez o seu equipo construíu os seus propios coches. O equipo foi exitoso e logrou cinco vitorias das 12 carreiras desa tempada.

Isto alentou a Surtees a participar na Fórmula 1 e logo dunha difícil tempada con BRM en 1969, John decidiu converterse novamente en piloto/propietario. Surtees participou en todas as carreiras da tempada 1970, pero tivo que correr as catro primeiras nun antigo McLaren xa que o seu coche non estaba listo. O seu novo coche patrocinado por BP gañou os seus primeiros e únicos puntos no Gran Premio do Canadá.

Surtees engadiu un segundo coche durante toda a tempada no ano 1971 para o alemán Rolf Stommelen, e participou cun terceiro coche con diferentes pilotos nunha serie de carreiras. Tres pilotos, Surtees, Stommelen e Mike Hailwood (campión de motociclismo) gañaron tres puntos cada un para a marca ese ano.

Logo da tempada 1971, Surtees retirouse da competición a tempo completo, e o equipo terminou con tres novos pilotos a tempo completo en 1972. Hailwood volveu a Surtees durante un ano completo, uníndose ao australiano Tim Schenken e o italiano Andrea de Adamich, o último dos cales trouxo diñeiro cun patrocinador para o equipo. "Mike the Bike" logrou o primeiro podio de Surtees ese ano no Gran Premio de Italia, terminando segundo detrás de Emerson Fittipaldi. Os tres pilotos obtiveron puntos para o equipo, e Surtees terminaría en quinto lugar no campionato de construtores.

Schenken foi substituído en 1973 polo brasileiro Carlos Pace, e o equipo quedou con dous coches a tempo completo logo do abandono de Adamich a principio da tempada. Pace terminou terceiro en Austria e cuarto en Alemaña, pero foron os únicos puntos que o equipo logrou en toda a tempada, Hailwood non logrou puntuar. Hailwood marchou para McLaren ao rematar o ano, sendo substituído por Jochen Mass en 1974. foi un ano difícil para Surtees, Pace deixou o equipo a metade de tempada, e o substituíu Derek Bell que loitou para cualificar nas carreiras, coroado polo accidente mortal do piloto austríaco Helmut Koinigg no Gran Premio dos Estados Unidos de 1974. Un cuarto lugar de Pace na súa pista local foron os únicos puntos que Surtees logrou conseguir, e non puido terminar entre os dez primeiros no campionato de construtores.

O baixo presuposto para 1975, levou ao equipo a partipar cun só coche para John Watson (aínda que correu cun segundo coche para David Morgan en Silverstone). A tempada foi unha tremenda loita para Surtees, sen anotar puntos, o equipo perdeu tres das últimas catro carreiras. 1976 foi moito mellor, Surtees conseguiu un controvertido acordo de patrocinio coa marca de condóns Durex e o australiano Alan Jones uniuse ao equipo. Jones terminou quinto en Bélxica e en Brands Hatch, e cuarto en Xapón. Un segundo coche, patrocinado por Chesterfield, participou pilotado polo americano Brett Lunger, mentres que un coche privado pilotado polo francés Henri Pescarolo participou durante a segunda metade da tempada. Con sete puntos, Surtees quedou décimo no Campionato de Construtores.

O éxito de Jones deu lugar a que deixara o equipo para marchar ao emerxente equipo Shadow, os problemas de diñeiro obrigaron Surtees a ter un coche regular de novo en 1977, esta vez para Vittorio Brambilla. A tempada de Brambilla foi boa, terminou nos puntos tres veces. pero, os seus bos resultados non impediron que Surtees seguira sufrindo problemas monetarios. En 1978, o equipo engadiu un segundo coche para un piloto de pago, o británico Rupert Keegan, pero os problemas de diñeiro continuaron. A falta de resultados decentes causaron máis problemas.

Non se puido obter o diñeiro suficiente, o equipo deixou a F1 logo da tempada de 1978, malia ter un coche construído para 1979. Logo de correr co coche na serie británica Aurora (antes F5000) brevemente ese ano, Surtees Racing Organización pechouse para sempre.

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. A primeira táboa mostra información detallada sobre os resultados completos Campionato Mundial de Fórmula 1 do equipo oficial. A segunda táboa inclúe os resultados dos coches Surtees de propiedade privada nos Grandes Premios do Campionato Mundial.

Resultados do equipo oficial

editar
Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos.
1970 McLaren M7C
Surtees TS7
Ford V8 F RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA MEX 3
  John Surtees Ret Ret Ret 6 Ret 9 Ret Ret 5 Ret 8
  Derek Bell 6
1971 Surtees TS7
Surtees TS9
Surtees TS9A
Ford V8 F RSA ESP MON NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 9
  John Surtees Ret 11 7 5 8 6 7 Ret Ret 11 17
  Rolf Stommelen 7 Ret 6 DSC 11 5 10 7 NTS Ret
  Brian Redman 7
  Derek Bell Ret
  Mike Hailwood 4 15
  Sam Posey Ret
1972 Surtees TS9A
Surtees TS9B
Surtees TS14
Ford V8 F ARX RSA ESP MON BEL FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 18
  Mike Hailwood Ret Ret Ret 4 6 Ret Ret 4 2 17
  Tim Schenken 5 Ret 8 Ret Ret 17 Ret 14 11 Ret 7 Ret
  Andrea de Adamich Ret NC 4 7 Ret 14 Ret 13 14 Ret Ret Ret
  John Surtees Ret NTS
1973 Surtees TS9A
Surtees TS9B
Surtees TS14A
Ford V8 F ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA 7
  Mike Hailwood Ret Ret Ret Ret Ret 8 Ret Ret Ret Ret 14 10 7 9 Ret
  José Carlos Pace Ret Ret Ret Ret 8 Ret 10 13 Ret 7 4 3 Ret Ret Ret
  Luiz Bueno 12
  Andrea de Adamich 8
  Jochen Mass Ret 7 Ret
1974 Surtees TS16 Ford V8 F ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 3 11º
  José Carlos Pace Ret 4 11 13 Ret Ret Ret
  Jochen Mass Ret 17 Ret Ret Ret NTS Ret Ret Ret 14 Ret
  José Dolhem NSC NSC Ret
  Derek Bell NSC 11 NSC NSC NSC
  Dieter Quester 9
  Jean-Pierre Jabouille NSC
  Helmut Koinigg 10 Ret
1975 Surtees TS16 Ford V8 G ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA 0 14º
  John Watson DSC 10 Ret 8 Ret 10 16 Ret 13 11 10
  Dave Morgan 18
1976 Surtees TS19 Ford V8 G BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN 7 10º
  Alan Jones NC 9 5 Ret 13 Ret 5 10 Ret 8 12 16 8 4
  Brett Lunger 11 NSC NSC Ret 15 16 Ret Ret 10 14 15 11
  Conny Andersson Ret
  Noritake Takahara 9
1977 Surtees TS19 Ford V8 G ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN 6 11º
  Vittorio Brambilla 7 Ret 7 Ret Ret 8 4 Ret 13 8 5 15 12 Ret 19 6 8
  Hans Binder Ret Ret 11 11 9 Ret 11 Ret Ret
  Larry Perkins 12 NSC NSC
  Patrick Tambay NSC
  Vern Schuppan 12 7 16 NSC
  Lamberto Leoni NSC
1978 Surtees TS19
Surtees TS20
Ford V8 G ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN 1 13º
  Vittorio Brambilla 18 NSC 12 Ret NSC 13 7 Ret 17 9 Ret 6 DSC Ret
  Rupert Keegan Ret Ret Ret NTS Ret NSC 11 NSC Ret NSC NSC NSC NTS
  Gimax NSC
  René Arnoux 9 Ret
  Beppe Gabbiani NSC NSC

Resultados doutros coches Surtees

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo/s Chasis/ Motor Pneu. Piloto/s 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17
1971 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA
Stichting Autoraces Nederland TS7 Ford Cosworth DFV F   Gijs van Lennep 8
1972 ARX RSA ESP MON BEL FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA
Champcar Inc. TS9B Ford Cosworth DFV G   Sam Posey 12
Team Gunston TS9 Ford Cosworth DFV G   John Love 16
1974 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA
AAW Racing TS16 Ford Cosworth DFV F   Leo Kinnunen NSC Ret NSC NSC NSC NSC
1976 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN
Team Norev Racing TS19 Ford Cosworth DFV G   Henri Pescarolo NSC Ret Ret NSC 9 11 17 19 NC
Shell Sport/Whiting TS16 Ford Cosworth DFV G   Divina Galica NSC
1977 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN
Melchester Racing TS19 Ford Cosworth DFV G   Tony Trimmer NSCP

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Hodges, David. A-Z of Formula Racing Cars 1945-1990, MBI Publishing Company, 1990. ISBN 1-901432-17-3

Outros artigos

editar

Brabham Racing Organisation Fittipaldi Automotive Stewart Grand Prix

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1