Susan B. Anthony
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Susan Brownell Anthony, nada en Adams,Massachusetts, o 15 de febreiro de 1820 e finada en Rochester, Estado de Nova York, o 13 de marzo de 1906, foi unha reformadora e sufraxista norteamericana.[1]
(1890) | |
Nome orixinal | (en) Susan Brownell Anthony |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Susan Anthony 15 de febreiro de 1820 Adams, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 13 de marzo de 1906 (86 anos) Rochester, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca pneumonía |
Lugar de sepultura | Cemitério Mount Hope (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Sufraxio feminino |
Ocupación | activista polos dereitos das mulleres, activista polos dereitos civís, feminista, escritora, Activista polos dereitos humanos, abolicionista, sufraxista |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Daniel Anthony e Lucy Read |
Irmáns | Daniel Read Anthony Mary Stafford Anthony Jacob Merritt Anthony |
Premios | |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Anthony, Susan Brownell) Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) , (sec:Anthony, Susan Brownell (1820-1906)) A Woman of the Century (en) , (sec:Susan B. Anthony) |
Traxectoria
editarDe familia cuáquera naceu en Massachusetts, pero pouco despois do seu nacemento a súa familia moveuse ao estado de Nova York, e a partir de 1845 residiu en Rochester.
Estudou na pequena escola do seu pai, e entre 1837 e 1857 foi mestra en varias escolas. Na década anterior á Guerra Civil Americana, tivo un papel prominente nos movementos antiescravistas e antialcohólicos de Nova York, organizou en 1852 a primeira sociedade estatal de mulleres antialcohólica en América, e en 1856 converteuse na representante para o estado de Nova York da Sociedade Antiescravista de América.
A partir de 1854 dedicouse en exclusiva á defensa dos dereitos da muller, avogando pola completa igualdade de sexos. Entre 1868 e 1870 foi a propietaria do semanario, The Revolution.
Axudou a fundar a Asociación Sufraxista Estadounidense, da que foi primeiro vicepresidenta 1869-1892 e logo presidenta (1892-1900).[2]
En colaboración con Stanton, Matilda Joslyn Gage e Ida Husted Harper, publicou The History of Woman Suffrage (1884–1887).
Notas
editar- ↑ "Susan B. Anthony | Biography, Accomplishments, Dollar, Suffrage, & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2021-12-13.
- ↑ «Susan B. Anthony, luchando por votar Arquivado 13 de decembro de 2021 en Wayback Machine.». www.diarioelinforme.com.ar. 16 de marzo de 2020. Consultado el 15 de febrero de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susan B. Anthony |
Bibliografía
editar- Claus Bernet: Susan B. Anthony, en: BBKL, 29, 2008, 93-101.