Suxeito (gramática)

termo gramatical

En sintaxe, o suxeito é aquela parte da cláusula ou oración que non forma parte do predicado e que se constitúe en soporte do mesmo. O suxeito é, pois, aquilo (persoa, animal ou cousa) do que se di ou comenta algo nunha oración e que concerta en morfema de número e morfema de persoa co verbo que é núcleo do predicado.

Na lingüística transformacional, defínese como suxeito ao sintagma nominal dominado inmediatamente pola oración.

Nalgunhas linguas, caso do inglés ou francés, o suxeito é un elemento imprescindible na oración pois é preciso sempre especificalo cun pronome suxeito se non hai un sintagma nominal que o represente. En galego, portugués ou español pode moitas veces omitirse, denominándose entón suxeito elíptico: "Tódolos días vou ao traballo" (Suxeito elíptico, eu)

Nas chamadas oracións impersoais, o suxeito non se realiza porque non é necesario, non interesa ou non achega ningunha información relevante, de forma que queda indeterminado: "Chove", "Cheira a rosas", "Vívese ben aquí", "Hai moitos problemas de matemáticas", "Basta con dúas" etc... Así a todo, nas linguas nas que o suxeito é indispensable para construír unha oración gramatical, poden utilizar pronomes expletivos como na expresión inglesa «it snows». Esta circunstancia tamén se pode dar na nosa linmgua, ó empregar un el que actúa como suxeito con verbos unipersoais de carácter meteorolóxico: El chove?

Clases de suxeitos

editar

Suxeito expreso

É o que aparece na oración: Afonso corre moito.

Suxeito omitido ou elíptico

É o suxeito que non aparece pero que nos descobre o verbo: Corren moito. (Eles/as)

Suxeito múltiplo

O aquel cuxo sintagma nominal posúe dous núcleos: "Pedro e Lois saíron a pescar.

Suxeito axente

É o que realiza, controla ou preside a acción que executa o verbo, e xa que logo aparece sempre nas oracións activas: Pedro come peras. O rei gañou a regata. Felipe II construíu O Escorial.

Suxeito paciente

É o que padece a acción realizada polo verbo e executada por un complemento axente coa preposición por ou de, que pode aparecer ou non; por iso é o suxeito das oracións pasivas: "A circulación foi desviada pola estrada (polo policía de tráfico)". "O paciente foi operado polo doutor". "Lorca era coñecido de todos". "Véndese piso".

Suxeito causativo

É o que non executa directamente a acción, pero a preside: "Felipe II construíu O Escorial"

Existen algúns suxeitos que non teñen nada que ver co suxeito gramatical; por exemplo, o suxeito psicolóxico, que é a persoa máis destacada dunha oración; en "A min, e soamente a min me corresponde a herdanza" o suxeito psicolóxico é "eu", pero o gramatical é "A herdanza", porque é o que concerta en número e persoa co verbo.

Véxase ademais suxeito axente, suxeito paciente, construcións pasivas.

Sintaxe dependencial

editar

Desde a perspectiva da sintaxe dependencial un suxeito é un nominal (sintagma nominal, cláusula completiva,...) cunha valencia pasiva xeral, sen preposición (normalmente), que concorda en número e persoa coa flexión verbal. A concordancia, en número e persoa co verbo, pode ser a única indicación do suxeito. A posición non marcada é a posición inicial.

  NODES
orte 1
Todos 1