Swiss Global Air Lines

Swiss Global Air Lines (ata febreiro de 2015 Swiss European Air Lines)[2] é unha aeroliña suíza que é subsidiaria de Swiss International Air Lines. Ao igual que a súa compañía nai, Swiss Global forma parte da alianza Star Alliance. Ten a súa sede legal en Basilea; a súa oficina principal física atópase no aeroporto de Zürich.

Swiss Global Air Lines
IATA
LZ[1]
OACI
SWU
Indicativo
EUROSWISS
Fundación2005
Plan de voo frecuenteMiles & More
AlianzaStar Alliance (afiliada)
Frota19
Destinos36
HoldingSwiss International Air Lines
Páxina web: https://www.swiss.com

Swiss Global Air Lines opera voos regulares en nome e coa imaxe corportativa da súa compañía nai Swiss International a cidades europeas e a algúns destinos de lecer dende o aeroporto de Zürich, ademais de voar algunhas das súas rutas de longa distancia.

En maio de 2017 a frota de Swiss Global Air Lines estaba formada polos seguintes avións:[3]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F J Y Total Refs
Boeing 777-300ER 8 2 8 62 270 340 [4]
Bombardier CS100 8 2 20 105 125 [5] Cliente de lanzamento
Bombardier CS300 3 17 30 115 145 [6]
Total 19 21

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. IATA (ed.). "Airline and Airport Code Search". Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  2. Neue Zürcher Zeitung (ed.). "Swiss nennt Tochtergesellschaft um". Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  3. Federal Office of Civil Aviation (ed.). "Swiss Aircraft Register". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  4. Swiss (ed.). "Boeing 777-300ER". Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  5. Swiss (ed.). "Bombardier CS100". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  6. Swiss (ed.). "Bombardier CS300". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  NODES
Intern 3
os 11
todo 1
web 2