Syd Barrett, nado Roger Keith Barrett, nado o 6 de xaneiro de 1946 en Cambridge e finado o 7 de xullo de 2006 no mesmo lugar, foi un guitarrista, cantante e compositor británico cofundador da banda Pink Floyd en 1964 na que permaneceu ata 1968 substituído por David Gilmour.

Modelo:BiografíaSyd Barrett

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Roger Keith Barrett Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas
Diabetes mellitus Editar o valor en Wikidata
EducaciónCamberwell College of Arts (en) Traducir (1964–)
Hills Road Sixth Form College (en) Traducir
Universidade de Anglia Ruskin (pt) Traducir
Cambridgeshire High School for Boys (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, poeta, cantante, cantautor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata - 1974 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Stars (en) Traducir (1972–1972)
Pink Floyd (1965–1968) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, Rock psicodélico, psych folk (pt) Traducir, rock experimental, rock progresivo, Space rock, Outsider music (pt) Traducir, pop psicodélico e Protopunk Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, Banjo, ukelele, Mandolina, slide guitar (pt) Traducir, piano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI
Capitol Records
Harvest Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio websydbarrett.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0057294 Allocine: 487790 Allmovie: p290268
BNE: XX847626 Spotify: 6Lt3HS8R2v8Q4G7ZkUWa8R Last fm: Syd+Barrett Musicbrainz: 12327d75-47d5-45d9-84c2-3760b9210c17 Songkick: 49188 Discogs: 178489 Allmusic: mn0000044874 WikiTree: Barrett-875 Find a Grave: 14893566 Genius: Syd-barrett Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

A primeira banda na que entrou Syd Barrett foi en 1961, na Geoff Mott and the Mottoes, despois estivo en The Hollering Blues en 1962 e en 1963 en Those Without, todas bandas do seu Cambridge natal, de curta vida e pouca transcendencia.

Os dous primeiros sinxelos de Pink Floyd, Arnold Layne e See Emily Play, así como o primeiro álbum The Piper at the Gates of Dawn (1967) fixéronse baixo a influencia de Barrett. Durante o seu tempo con Pink Floyd Syd Barrett comezou a experimentar coas drogas, especialmente o LSD, tensionando a relación cos outros membros da banda, pesando tamén a presión por manter o nivel despois dos primeiros éxitos comerciais do grupo, e despois dunha xira desastrosa polos Estados Unidos a banda decidiu integrar a David Gilmour, antigo compañeiro de instituto de Syd, como segundo guitarrista para cubrir a Syd pero a situación non durou moito, o último concerto cos cinco membros foi o 20 de xaneiro de 1968 en Hastings, a separación oficial de Syd e os Pink Floyd foi o 6 de abril de 1968.

Syd intentou realizar unha carreira en solitario pero fallou despois de só dous álbums polo aumento do consumo de drogas que o conduciron a un comportamento caótico e á letarxia, as súas últimas gravacións de estudio datan de novembro de 1974, Syd viviu desde entón completamente retirado na súa casa de Cambridge ata a súa morte, en 1998 detectáronlle diabetes mellitus tipo 2.

Músico e compositor

editar

Syd Barrett está na historia da música como un compositor xenial, Syd tiña a habilidade para compoñer cancións curtas e cativantes cunha melodía e harmonía infrecuente e con efectos electrónicos na onda do rock psicodélico. Ademais, Syd Barrett participou na innovadora conexión de música rock e efectos visuais. Baixo o seu liderado, Pink Floyd desenvolveu o primeiro espectáculo con efectos de luz. Syd Barrett escribiu case todas as cancións do primeiro álbum de Pink Floyd, a súa música recibiu diversas influencias, pezas como . As súas músicas son diversas influencia musicais xuntos. Pezas como "Matilda Mother" teñen a súa inspiración en antigas cancións infantís, "Here I Go" ten semellanzas coas cancións de Music Hall. A máis famosa peza de Barrett é "Astronomy Domine" usa un acorde infrecuente (E Eb G A), esta progresión xunto co uso dunha máquina de eco Binson para a guitarra deulle un moi distintivo carácter psicodélico.

Despois da separación de Pink Floyd Barrett continuou con dous álbums en solitario "The Madcap Laughs" e "Barrett", demostrando a súa forza como compositor, cancións como "Golden Hair" ou "Happy Together" están entre as súas mellores.

Discografía

editar

Con Pink Floyd

editar

Álbums de estudio

editar
  • The Madcap Laughs, 1970
  • Barrett, 1970
  NODES
os 34
todo 1
web 1