Tacto

sentido do tacto

sentido do tacto é aquel que permite aos organismos percibir cualidades dos obxectos e medios como a presión, temperatura, textura e dureza. En galego, tacto ou táctil refírese a varios conceptos relacionados co sentido e a acción de tocar, fisicamente ou metaforicamente, e na medicina designa tamén un método de exploración que implica o uso dos dedos para examinar cavidades corporais (e.g. tacto rectal). Figuradamente, o termo é empregado para describir a capacidade de tratar asuntos ou persoas con sensibilidade e prudencia.[1]

Tacto humano. Disección da man e o pulso.

Sensación e funcións

editar

Estrutura e funcións sensoriais da pel

editar

A pel ten diferentes clases de receptores nerviosos que transforman os diferentes tipos de estímulos externos en información que pode ser interpretada polo cerebro. A pel divídese en tres capas: a epiderme (capa superficial), a derme e a hipoderma (capa máis profunda).[2]

 
O Tacto, de José de Ribera, cadro da serie dos sentidos (Museo Norton Simon, Pasadena, Estados Unidos).

A epiderme está constituída por tecido epitelial e no seu estrato basal ou xerminativo atopamos a melanina, que dá cor á pel. A derme está formada por tecido conxuntivo e contén anexos cutáneos como as glándulas sebáceas, as glándulas sudoríparas, o pelo e as uñas. A hipoderma está composta por tecido conxuntivo adiposo.[3]

O tacto alén da pel

editar

Debemos ter en conta que o sentido do tacto non só se atopa na pel, senón tamén nas terminacións nerviosas internas do organismo, o que permite sentir cambios significativos de temperatura ou dor. Porén, hai unha distinción importante que algúns expertos fan: o termo "somatosensación" refírese ao conxunto de sensacións corporais, incluíndo tacto, temperatura, dor, propiocepción e esquema corporal etc. Mentres o tacto se asocia principalmente coa percepción de textura, presión ou vibración a través da pel, a somatosensación abrangue unha gama máis ampla de sensacións, incluíndo aquelas que non sempre se consideran parte do tacto estrito.[4]

O tacto e a somatosensación son uns dos sentidos máis importantes, xa que permiten percibir riscos que poden afectar a nosa saúde tanto interna como externamente, e ademais xogan un papel fundamental na comunicación social.[5]

 
Contacto entre unha man adulta e unha de bebé.

Etimoloxía

editar

O termo "tacto", provén etimoloxicamente do substantivo latino tactilis (toque, contacto), e este do participio tactus do verbo tángere (tocar, entrar en contacto).[6]

Da mesma raíz proveñen os termos tanxible, tanguer e tanxer,[7] tanxente, contaxiar ou contactar.[8]

Notas

  1. "tacto". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-12. 
  2. In brief: How does skin work? (en inglés). Institute for Quality and Efficiency in Health Care (IQWiG). 2022-04-05. 
  3. "Human skin". www.britannica.com (en inglés). 2024-07-19. Consultado o 2024-08-12. 
  4. "Somatosensation - an overview". www.sciencedirect.com; ScienceDirect Topics. Consultado o 2024-08-12. 
  5. "That human touch that means so much: Exploring the tactile dimension of social life". In-Mind; www.in-mind.org; Magazine issue 2/2013 - Issue 17 (en inglés). Consultado o 2024-08-12. 
  6. "Etymology of tactile". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2024-08-12. 
  7. "tanguer / sinónimo tanxer". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-12. 
  8. "TACTO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-12. 

Véxase tamén

editar
  NODES
design 1