Teixedal de Casaio

bosque de teixos en Casaio, Carballeda de Valdeorras

O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso.[1][2]

Modelo:Xeografía físicaTeixedal de Casaio
Imaxe
Tipobosque
Árbores senlleiras de Galicia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCasaio, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°17′14″N 6°48′18″O / 42.28718, -6.8051

É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.

  1. galiciaenteira.com (eds.). "O teixedal de Casaio, el bosque perdido". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  2. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Catálogo de árbores senlleiras". 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
admin 1
todo 1