Telstar foi o nome dos dous primeiros satélites de comunicacións activos.[1][2]

Un dos satélites Telstar.

Características

editar

O desenvolvemento dos satélites Telstar comezou en outono de 1960 por parte da operadora de comunicacións AT&T. O plan inicial era lanzar entre 50 e 120 satélites activos a órbitas de máis de 10.000 km de altura para ofrecer cobertura case continua. Finalmente o sistema viuse reducido a dous satélites prototipo cos que probar os conceptos e técnicas que tería usado a constelación orixinal.[1][2]

Un total de seis satélites Telstar foron deseñados e construídos polos Bell Telephone Laboratories con contribución da NASA, que proporcionou o lanzamento e en parte o seguimento e telemetría dos satélites, dos que finalmente se puxeron en órbita dous. Ademais dos transmisores de comunicacións os satélites levaban tamén instrumentos para medir a distribución dos protóns e electróns no cinto de Van Allen. Os satélites alimentábanse mediante células solares e tiñan unha masa de 171 kg (Telstar 1) e 176 kg (Telstar 2).[1][2]

Telstar 1 foi lanzado o 10 de xullo de 1962 mediante un foguete Delta a unha órbita duns 956 x 5634 km. Funcionou sen problemas ata novembro en que o canal de recepción de comandos comezou a ter fallos de maneira intermitente. O transmisor fallou totalmente o 21 de febreiro de 1963.[1][2]

Telstar 2 foi lanzado o 7 de maio de 1963 mediante un foguete Delta B. Funcionou todo o tempo ata que foi apagado o 16 de maio de 1965.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2022). "Telstar" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Telstar 1, 2" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
multimedia 1
os 28
todo 2