Terceira División RFEF

A Terceira División RFEF, chamada oficialmente Campeonato Nacional de Terceira División (Terceira RFEF),[1] anteriormente chamada Campionato Nacional de Liga de Terceira División,[2] é a quinta categoría da liga española de fútbol. Foi creada en 1929 como terceira categoría da liga española de fútbol, converténdose na cuarta categoría en 1977 trala creación da Segunda División B e na quinta categoría en 2021 trala creación da Primeira División RFEF.[3][4]

Modelo:Competición deportivaTerceira División RFEF
Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor en Wikidata
Liga superiorSegunda Federación, Segunda división española 1955/56, Segunda división española 1930/31, Segunda división española 1956/57, Segunda división española 1968/69, Segunda división española 1966/67, Segunda división española 1964/65, Segunda división española 1972/73, Segunda división española 1932/33, Segunda división española 1947/48, Segunda división española 1944/45, Segunda división española 1945/46, Segunda división española 1976/77, Segunda división española 1971/72, Segunda división española 1954/55, 1943–44 Segunda División (en) Traducir, 1946–47 Segunda División (en) Traducir, 1948–49 Segunda División (en) Traducir, Segunda división española 1951/52, Segunda división española 1952/53, Segunda división española 1969/70, Segunda división española 1940/41, Segunda división española 1933/34, Segunda división española 1950/51, Segunda división española 1949/50, Segunda división española 1974/75, Segunda división española 1973/74, Segunda división española 1970/71, Segunda división española 1958/59, Segunda división española 1965/66, Segunda división española 1962/63, Segunda división española 1967/68, Segunda división española 1957/58, Segunda división española 1961/62, Segunda división española 1959/60, Segunda división española 1960/61, Segunda división española 1963/64, Segunda división española 1929/30, Segunda división española 1931/32, Segunda división española 1975/76, Segunda división española 1928/29 e Segunda división española 1953/54 Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorDivisións rexionais de fútbol en España, Divisiones Regionales de Fútbol in Balearic Islands (en) Traducir, Menorca Rexional preferida, Regional Preferred Ibiza-Formentera (en) Traducir, Divisiones Regionales de Fútbol in Castilla-La Mancha (en) Traducir, Divisiones Regionales de Fútbol in the Community of Madrid (en) Traducir, Divisiones Regionales de Fútbol in Aragón (en) Traducir, Regional Preferente da Comunidade Valenciana (pt) Traducir, Territorial Preferente da Região de Múrcia (pt) Traducir, Q5811773 Traducir, Regional Preferente de Extremadura (pt) Traducir, Q9062199 Traducir, Divisiones Regionales de Fútbol in Ceuta and Melilla (en) Traducir, Regional Preferente de Cantabria (pt) Traducir e Q20994047 Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1928 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadasetembroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrfef.es… Editar o valor en Wikidata

CD Barco - Atlético Arnoia, 2022.

Está inmediatamente por riba das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española. É unha categoría non profesional e está formada por 18 grupos, correspondendo o Grupo I aos equipos de Galicia.

Historia

editar
 
Racing de Ferrol - Areas na Malata, 2011.

A Terceira División creouse na tempada 1929–30, é dicir, a partir da segunda edición da Liga española de fútbol. Historicamente era a terceira categoría da liga española, por baixo da Segunda División. Na tempada 1977–78, coa creación da Segunda División B, pasou a ser a cuarta categoría da liga española[5]. A súa estrutura, así como o número de grupos e equipos participantes cambiou en múltiples ocasións ao longo da historia. Na súa primeira edición, a fase previa distribuía a 33 equipos en 8 grupos diferentes, dos cales foron campións: Club Gijón, Barakaldo CF, Atlético Aurora Pamplona, Patria Zaragoza, CD Castellón, Sporting Sagunto, Cartagena FC e Recreativo de Huelva. Xa na fase eliminatoria, o Castellón converteuse no primeiro campión da categoría ao vencer por un apertado 3-2 fronte ao Recreativo de Huelva.

A Terceira División foi suprimida en 1934 e non volveu porse en marcha ata a tempada 1940–41, xa pasada a guerra civil, aínda que foi suprimida outra vez ao remate desa mesma tempada, quedando substituída pola primeira categoría rexional[6]. Con todo, dous anos despois, para a tempada 1943–44, foi novamente recuperada[6].

A última gran reestruturación aconteceu na tempada 1980-81, cando foron creados novos grupos e se fixo unha distribución autonómica dos mesmos, aínda que foron precisas varias tempadas para acadar a distribución actual.

Trala tempada 2020/21 pasou a ser a quinta categoría do fútbol español, cunha nova estruturación na que se introduciu a Primeira División RFEF como terceiro nivel.[3][4]

Sistema de competición

editar
 
Grupos da Terceira división

Actualmente compiten 364 clubs en Terceira división, repartidos en 18 grupos, na maioría dos cales participan 20 equipos. Cada grupo corresponde a unha Federación territorial e, polo tanto, a unha Comunidade Autónoma, excepto no caso de Andalucía, que se divide en dous grupos (9 e 10). Os clubs das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, no norte de África, compiten cos da Federación Andaluza de Fútbol, nos grupos 10 e 9 respectivamente.

O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.

Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Terceira División (hai 18 campións cada tempada, un por grupo).

Promoción de ascenso

editar

Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso a Segunda División B.

Este play-off consta de tres roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os campións enfróntanse nunha primeira eliminatoria e o gañador ascende directamente a Segunda B. Os segundos clasificados enfróntanse aos cuartos, e os terceiros xogan entre eles, todos a dobre partido. Os gañadores e os campións de grupo perdedores da primeira eliminatoria xogan novamente a dobre partido. Os gañadores desta enfróntanse entre eles nunha terceira rolda, na que os gañadores ascenden a Segunda B.

Historial

editar

Campións

editar

Clubs con 5 ou máis títulos de Terceira División (sumando 3ª e 4ª categorías):[7][8]

Club Títulos 3ª categoría
(1929-1977)
4ª categoría
(1977-2021)
Caudal Deportivo 15 4 11
CD Eldense 13 4 9
RS Gimnástica 11 4 7
C.D. Atlético Baleares 10 5 5
C.P. Cacereño 10 4 6
Deportivo Aragón 10 4 6
C.D. Don Benito 10 2 8
Peña Sport FC 10 0 10
Sevilla Atlético 9 2 7
CD Calahorra 9 0 9
Las Palmas Atlético 9 0 9
R. C. D. Mallorca B 9 0 9
SD Noja 9 0 9
CD Ourense 8 7 1
C.D. Puertollano 8 5 3
Racing de Ferrol 8 4 4
Valencia CF Mestalla 8 3 5
C.E. Constància 8 2 6
CD Castellón 7 6 1
Gimnástico de Tarragona 7 6 1
S. D. Eibar 7 5 2
Algeciras C.F. 7 2 5
Andorra C.F. 7 2 5
C.D. Toledo 7 1 6
Real Valladolid Promesas 7 1 6
U.D. Salamanca 6 6 0
R. C. D. Mallorca 6 5 1
Recreativo de Huelva 6 6 0
Barakaldo C.F. 6 5 1
D. Alavés 6 5 1
Cultural y Deportiva Leonesa 6 4 2
R. Jaén C.F. 6 4 2
CD Alcoyano 6 3 3
Pontevedra CF 6 2 4
S. D. Huesca 6 2 4
Betis Deportivo 6 0 6
Zamora C.F. 6 0 6
Albacete Balompié 5 5 0
CA Osasuna 5 5 0
Real Madrid Castilla 5 5 0
Terrassa F.C. 5 5 0
U.D. Mahón 5 5 0
C.E. L'Hospitalet 5 1 4
Real Sociedad F. "B" 5 1 4
C.D. Badajoz 5 3 2
CD Olímpic 5 3 2
U.E. Sant Andreu 5 3 2
U.E. Olot 5 2 3
CD Tudelano 5 1 4
Club Deportivo Lealtad 5 0 5
C. Portugalete 5 0 5
Tomelloso C.F. 5 0 5
Real Madrid C 5 0 5

Estatísticas

editar

Máis tempadas

editar
Posto Equipo Tempadas
Murcia Imperial 65
Arenas de Getxo 61
Constància 56
Eldense 56
Tudelano 55
Racing de Santander B 54
Europa 54
Cacereño 53
Atlético Baleares 53
Manacor 53
Actualizado ata a tempada 2017/18.

Equipos galegos

editar

Os equipos galegos que se proclamaron algunha vez campións da Terceira División son os seguintes:[7][8]

Equipo Títulos 3ª categoría
(pre-1977)
4ª categoría
(post-1977)
Tempadas
CD Ourense 8 7 1 1955-56, 1956-57, 1958-59, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1972-73, 2011-12
Racing de Ferrol 8 4 4 1960-61, 1962-63, 1964-65, 1965-66, 1987-88, 1991-92, 2012-13, 2018-19
Pontevedra CF 6 2 4 1959-60, 1975-76, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 2014-15
SD Compostela 6 1 5 1963-64, 1979-80, 1989-90, 2008-09, 2017-18, 2019-20
CD Lugo 4 1 1 1961-62, 1977-78, 1980-81, 1985-86
CCD Cerceda 4 0 4 1995-96, 2002-03, 2003-04, 2010-11
Deportivo Fabril 4 0 4 2005-06, 2006-07, 2009-10, 2016-17
SD Compostela B 3 0 3 1996-97, 1997-98, 2001-02
CD Lalín 2 0 2 1984-85, 1990-91
CD As Pontes 2 0 2 1986-87, 1994-95
Celta de Vigo B 2 0 2 1999-00, 2000-01
Celta de Vigo 1 1 0 1932-33
Deportivo Xuvenil 1 1 0 1953-54
Arsenal CF 1 1 0 1954-55
Club Turista 1 1 0 1957-58
Deportivo da Coruña 1 1 0 1974-75
CJ Cambados 1 0 1 1988-89
Arosa SC 1 0 1 1992-93
Bergantiños FC 1 0 1 1993-94
Porriño Industrial CF 1 0 1 1998-99
Rápido de Bouzas 1 0 1 2004-05
SD Ciudad de Santiago 1 0 1 2007-08
UD Somozas 1 0 1 2013-14
CD Boiro 1 0 1 2015-16
CD Arenteiro 1 0 1 2020-21
  1. Real Federación Española de Fútbol (Xullo de 2022). "RFEF. Reglamento general. Edición Julio 2022" (PDF). p. 187. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2022. Consultado o 9 de agosto de 2022.  |capítulo= ignorado (Axuda) (en castelán)
  2. NORMAS REGULADORAS Y BASES DE COMPETICIÓN DE SEGUNDA DIVISIÓN “B” Y TERCERA DIVISIÓN - TEMPORADA 2020/2021 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  3. 3,0 3,1 CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  4. 4,0 4,1 CIRCULAR N.º 98 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Tercera División (Tercera RFEF) - Temporada 2021/22 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  5. "La Segunda División B: Tercer nivel desde 1977". Vicent Masià. La Futbolteca
  6. 6,0 6,1 "1943: La Tercera División adquiere protagonismo". Vicent Masià. La Futbolteca
  7. 7,0 7,1 Resultados históricos del fútbol español arquero-arba.futbolme.net (en castelán)
  8. 8,0 8,1 Real Federación Española de Fútbol (1978). "Relación de Clubs que han ganado el campeonato de Liga". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1978. pp. 645–649. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
COMMUNITY 1
todo 5