Terra Nomeada
colección literaria da Real Academia Galega
Terra Nomeada é unha colección editorial da Real Academia Galega, iniciada en 2016.
Características
editarA colección inclúe volumes que describen a toponimia dos concellos de Galicia: os nomes de cada municipio e mais as súas parroquias e lugares, así como algúns accidentes xeográficos ou outros espazos. As publicacións coedítanse entre a RAG (a través do Seminario de Onomástica, da Sección de Lingua) e a Asociación Galega de Onomástica.
Con esta colección, a Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica pretenden recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia, dun xeito divulgativo e ameno para axudar a coñecérmonos algo máis como galegos. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo.[1]
Obras
editar- Toponimia de Agolada (Luz Méndez, 2016)[2]
- Toponimia de Begonte e Rábade (Paulo Martínez Lema, 2018)[3]
- Toponimia de Trabada (Xulia Marqués Valea, 2018)[4]
- Toponimia da Estrada (Fernando Cabeza Quiles, 2018)[5]
- Toponimia de Ames (Xosé Ramón López Boullón, 2019)[6]
- Toponimia de Carballo (Fernando Cabeza Quiles, 2020)[7]
- Toponimia da Pontenova (Xulia Marqués Valea, 2021)[8]
- Toponimia de Tordoia (Lidia Gómez e Luz Méndez, 2022)[9]
- Toponimia de Ribeira (Fernando Cabeza Quiles, 2022)[10]
- Toponimia de Antas de Ulla (Andrea Santiso Arias, 2023)[11]
- Toponimia de Muros (Alfonso Blanco Quintela, 2023)[12]
Notas
editar- ↑ "Terra Nomeada". Publicacións da Real Academia Galega.
- ↑ Méndez, Luz (2016). Toponimia de Agolada. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Marqués Valea, Xulia (2018). Toponimia de Trabada. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018). Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2020). Toponimia de Carballo. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Gómez, Lidia; Méndez, Luz (2022). Toponimia de Tordoia. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2022). Toponimia de Ribeira. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Blanco Quintela, Alfonso (2023). Toponimia de Muros. A Coruña: Real Academia Galega.