The Big Bang Theory

The Big Bang Theory é unha serie de televisión de comedia creada por Chuck Lorre e Bill Prady, ámbolos dous tamén produtores executivos xunto con Steven Molaro. Os tres tamén son os principais guionistas da mesma. A serie comezou a emitirse pola CBS o 24 de setembro de 2007.[3] En marzo de 2014, a serie foi renovada por tres anos máis até unha décima tempada, que se estreou o 19 de setembro de 2016.[4]

The Big Bang Theory

Editar o valor en Wikidata
FormatoSitcom
Creado porChuck Lorre
Bill Prady
Desenvolvido porFaye Oshima Belyeu
Dirixido porJames Burrows (piloto)
Mark Cendrowski
IntérpretesJohnny Galecki
Jim Parsons
Kaley Cuoco
Simon Helberg
Kunal Nayyar
Sara Gilbert
Mayim Bialik
Melissa Rauch
Kevin Sussman
Laura Spencer
Tema de apertura"The Big Bang Theory Theme",[1][2] escrita e gravada por Barenaked Ladies
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas12
Episodios279 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Chuck Lorre
Steven Molaro
Bill Prady
Localización(s)Pasadena (California)
CámaraMulticámara
Duración19-22 minutos
DistribuidorWarner Bros. Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Formato de imaxe480i (SDTV),
1080i (HDTV)
Primeiro episodio24 de setembro de 2007
Derradeiro episodio16 de maio de 2019
Na rede
https://www.cbs.com/shows/big_bang_theory
IMDB: tt0898266 Filmaffinity: 234364 Allocine: 3247 Rottentomatoes: tv/the_big_bang_theory Metacritic: tv/the-big-bang-theory TV.com: shows/the-big-bang-theory
Facebook: TheBigBangTheory Twitter: bigbangtheory Instagram: bigbangtheory Youtube: UCCxmzh3f-wwRZ-bEdLb80Og BNE: XX5479361 Netlix: 70143830 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie céntrase nas vidas de cinco personaxes que viven en Pasadena (California): Leonard Hofstadter e Sheldon Cooper, os dous físicos no Instituto Tecnolóxico de California, que comparten apartamento; Penny, unha camareira aspirante a actriz que se converte en representante farmacéutica e vive na porta de enfronte; e os amigos e compañeiros geeks de Leonard e Sheldon socialmente inadaptados, o enxeñeiro aeroespacial Howard Wolowitz e o astrofísico Raj Koothrappali. A intelixencia e o espírito geek dos catro rapaces contrasta comicamente coas habilidades sociais e o sentido común de Penny.[5][6]

Co tempo, algunhas personaxes secundarias convertéronse en protagonistas: Bernadette Rostenkowski, a moza de Howard (posteriormente a súa muller), unha microbióloga e antiga compañeira de Penny como camareira; a neurocientífica Amy Farrah Fowler, que se une ó grupo despois de coñecer a Sheldon nunha páxina web de citas (despois convértese na moza de Sheldon); Stuart Bloom, o dono dunha tenda de banda deseñada que os personaxes visitan acotío; Leslie Winkle, unha física que saíu con Leonard e Howard; e Emily Sweeney, unha dermatóloga que sae con Raj e sente fascinación polo macabro.

Sinopse

editar

Leonard e Sheldon son dous físicos que comparten traballo e apartamento. Estes dous personaxes, xunto aos seus amigos Howard Wolowitz e Rajesh Koothrappali, representan a uns geeks, moi afastados das inquietudes da xente común.

A serie comeza coa mudanza de Penny, unha veciña nova e atractiva, da que Leonard se encapricha dende o primeiro momento, e que se instala soa no piso de enfronte deles.

Personaxes

editar

Personaxes principais

editar
 
Jim Parsons interpreta a Sheldon Cooper.
  • Johnny Galecki é Leonard Simeon Leakey Hofstadter, físico experimental. Obtén o seu doutoramento aos 24 anos de idade. Se ben é máis sociable que Sheldon, ao igual que Rajesh e Howard nunca ten moito éxito coas rapazas. Intenta conquistar á súa veciña, Penny, aínda que de momento sen éxito. Vive con Sheldon e apaixónano os cómics e os videoxogos. Ademais é intolerante á lactosa e miope.
  • Jim Parsons é Sheldon Cooper, físico teórico. Foi un neno superdotado proveniente do leste de Texas. Pasou de quinto de primaria á universidade. Agora ten dous doutoramentos e un máster. É moi intelixente, mais extremadamente soberbio, tendo varios defectos de personalidade, como ineptitude social, absoluta falta de empatía, e é incapaz de detectar o sarcasmo, todo isto é debido a que padece a síndrome de Asperger, aínda que isto non se dixo nunca na serie, ao igual que tampouco se dixo a súa orientación sexual. Ademais tamén sofre de trastorno obsesivo compulsivo da personalidade (TOC da personalidade). É fan empedernido de Star Trek, en especial de Spock.
  • Kaley Cuoco é Penny, camareira e aspirante a actriz. É a única amiga feminina do grupo e a única que ten un coeficiente intelectual normal. É camareira no famoso local "The Cheesecake Factory" ("Fábrica das tortas de queixo") e foi o amor platónico de Leonard, durante as primeiras tempadas. Na terceira tempada comezan unha relación estable (até o capítulo 3). O resumo da súas relacións sentimentais é pésimo.
  • Simon Helberg é Howard Wolowitz, enxeñeiro aeroespacial. É xudeu e sempre viste roupa axustada e psicodélica. Vive coa súa nai e é un pouco pervertido coas rapazas, saíndo estas sempre fuxindo de onda el.
  • Kunal Nayyar é Rajesh Ramayan Koothrappali, astrofísico. Representa un estereotipo de indio nos Estados Unidos. A súa familia é adiñeirada. Nas primeiras tempadas padecía un trastorno que lle impedía falar coas mulleres; só se daba comunicado con elas se estaba bébedo.

Personaxes secundarios

editar
  • Sara Gilbert é Leslie Winkle, física. Compañeira de traballo de Sheldon e Leonard. Odia a Sheldon pola súa arrogancia, competindo todo o tempo por demostrar quen é máis intelixente. En varias ocasións solucionou ecuacións que Sheldon era incapaz de resolver.
  • Christine Baranski é a Dra. Beverly Hofstadter, a nai de Leonard. É unha neuróloga e psiquiatra insensible e pedante. Mantén unha relación extremadamente distante con Leonard pero enténdese ben con Sheldon, xa que comparten características de personalidade similares. Analiza psicolóxicamente a todos constantemente. Tivo a súa aparición no episodio The Maternal Capacitance.
  • Mark Harelik é o doutor Eric Gablehauser. É o xefe do departamento onde traballan Leonard, Sheldon, Howard e Raj, entre outros.
  • John Ross Bowie é Barry Kripke, colega físico do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) á que asisten Sheldon, Leonard, Wolowitz e Raj. É arrogante, competitivo e posúe moi poucos modos. Desafiou a Sheldon a unha pelexa de robots, a cal finalmente gañou. Sheldon utilizouno para probar o seu Algoritmo da Amizade.
  • Laurie Metcalf é Mary Cooper, a nai de Sheldon. É unha cristiá devota de Texas. Ten dous fillos ademais de Sheldon, incluíndo a irmá xemelga deste, chamada Missy Cooper. Non é superdotada pero é moi perspicaz, e é a única persoa capaz de controlar a Sheldon.

Nomeamentos e premios

editar
Ano Resultado Categoría Premio Receptor
2009 Nomeado Mellor actor principal nunha serie de comedia Premios Emmy Jim Parsons
Nomeado Mellor actor invitado nunha serie de comedia Christine Baranski
Gañador Galardón en comedia Teen Choice Awards
Gañador Galardón individual en comedia Jim Parsons
  1. "Big Bang Theory Theme – Single". iTunes. Consultado o 9 de maio de 2011. 
  2. "Big Bang Theory Theme". Amazon.co.uk. Consultado o 2 de setembro de 2011. 
  3. "The Big Bang Theory: Cast & Details". TV Guide. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
  4. Ausiello, Michael (21 de xuño de 2016). TVLine, ed. "CBS Fall Premiere Dates: Big Bang, NCIS, MacGyver, XL Scorpion and More". Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  5. Gary Strauss (11 de abril de 2007). USA Today, ed. "There's a science to CBS' Big Bang Theory". Consultado o 7 de novembro de 2008. 
  6. Scott D. Pierce (8 de outubro de 2007). Deseret News, ed. "He's a genius". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2008. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 4