The Karate Kid (filme de 2010)
The Karate Kid é un remake do filme do mesmo nome. Dirixido por Harald Zwart e protagonizada por Jaden Smith e Jackie Chan. A trama principal do filme tivo lugar en Pequín, China.
The Karate Kid | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Karate Kid |
Director | Harald Zwart |
Produtor | Jerry Weintraub Will Smith Jada Pinkett Smith James Lassiter Ken Stovitz |
Guión | Robert Mark Kamen |
Intérpretes | Jaden Smith Jackie Chan Taraji P. Henson Wenwen Han Rongguang Yu Zhensu Wu Zhiheng Wang Jared Minns Luke Carberry Cameron Hillman |
Música | James Horner |
Fotografía | Roger Pratt |
Montaxe | Kevin Stermer |
Estudio | Overbrook Entertainment JW Productions China Film Group |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 140 minutos |
Orixe | Estados Unidos China |
Xénero | Artes marciais, Acción |
Orzamento | $40 000 000[1] |
Recadación | $359 126 022 |
Na rede | |
http://www.karatekid-themovie.com/ e https://www.sonypictures.com/movies/thekaratekid | |
|
Sinopse
editarA historia está baseada no filme The Karate Kid de 1984, pero con algunhas diferenzas. Ós doce anos de idade, Dre Parker (Jaden Smith) é un rapaz popular de Detroit ata que el e a súa nai viúva (Taraji P. Henson) múdanse por razóns de traballo. Na súa nova casa de Pequín, Parker namórase dunha rapariga da escola, Mei Ying (Wen Wen Han). Os outros nenos da escola teñen dificultades para facer amizade con el debido a diferenzas culturais. Para empeorar as cosas, esta atracción transfórmao no inimigo do problemático Cheng (Zhenwei Wang), quen tentará facerlle a Dre a vida máis difícil no seu novo fogar.
Cos nenos constantemente acosándoo, e sen ninguén máis a quen acudir, as perspectivas para a nova vida de Parker semellan terríbeis, ata que coñece ó Sr. Han (Jackie Chan), un peculiar mestre de Kung fu. Empregando métodos pouco convencionais, o Sr. Han ensínalle a Parker técnicas que o axudarán a se defender.
Personaxes
editar- Jaden Smith como Dre Parker. Un rapaz de Detroit, Míchigan que é acosado por un estudante de kung fu.
- Jackie Chan como Mr. Han, o home de mantemento que ensina kung fu a Dre.
- Taraji P. Henson como Sherry Parker, a nai de Dre.
- Wenwen Han como Mei Ying.
- Zhenwei Wang como Cheng, o mangallón e estudante do mestre Li.
- Yu Rongguang como Mestre Li.
- Ming Xu como Bao
- Ji Wang como Mrs. Po, a directora do novo colexio de Dre.
- Shijia Lü como Liang.
- Yi Zhao como Zhuang.
- Tess Liu como Mestre de Historia.
- Harry Van Gorkum como Mestre de Música.
- Bowen Sheng como Si mesmo
- Luke Carberry como Harry.
- Cameron Hillman como Mark.
- Jp Nguyen como Wing Chun.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)