The O'Jays
The O'Jays é un grupo estadounidense de R&B formado en Canton, Ohio en 1958. Orixinalmente estaba composto por Eddie Levert (nado o 16 de xuño de 1942), Walter Williams (nado o 25 de agosto de 1943), William Powell (20 de xaneiro de 1942 - 26 de maio de 1977), Bobby Massey e Bill Isles. The O'Jays fixo a súa primeira aparición nas listas musicais con "Lonely Drifter" en 1963, pero acadou o seu maior éxito con Gamble & Huff, un equipo de produtores e cantautores, asinando con Philadelphia International en 1972. Con Gamble & Huff, the O'Jays (un trío dende a marcha de Isles e Massey) emerxeron como representantes do soul de Philadelphia con "Back Stabbers" (1972), e conseguiron un número un nos Billboard Hot 100 o ano seguinte con "Love Train".
The O'Jays | |
---|---|
The O'Jays (Walter Williams, Eric Grant e Eddie Levert) no Arie Crown Theater de Chicago, en abril de 2010. | |
Orixe | Canton, Ohio, Estados Unidos |
Período | 1961–1981 |
Xénero(s) | Soul R&B disco |
Selo(s) discográfico(s) | Minit, Philadelphia International, MCA |
Membros | Eddie Levert Walter Williams Eric Grant |
Antigos membros | Bill Isles Bobby Massey William Powell Sammy Strain Nathaniel Best |
Na rede | |
Páxina oficial | |
|
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)