Thelonious Monk
Thelonious Sphere Monk, nado en Rocky Mount (Carolina do Norte) o 10 de outubro de 1917 e finado en Weehawken (Nova Jersey) o 17 de febreiro de 1982, foi un pianista e compositor estadounidense de jazz. O seu estilo interpretativo e compositivo, formado plenamente en 1947, apenas variou nos 25 anos seguintes. Pianista fundador do bebop, tocou tamén baixo o influxo do hard bop e do jazz modal. É coñecido polo seu estilo único de improvisación, así como por compoñer varios temas clásicos do repertorio do jazz, destacando "Round About Midnight", "Straight No Chaser", "52nd Street Theme" e "Blue Monk".
Traxectoria
editarA súa familia trasladouse pouco despois a Manhattan (Nova York). Nese apartamento viviría até o final dos seus días. Comezou a tocar o piano á idade de seis anos e aínda recibiu algunha educación musical, foi esencialmente un autodidacta; as súas primeiras influencias foron dos grandes pianistas de corte stride, James P. Johnson e Willie "The Lion" Smith. Durante a súa adolescencia comezou a traballar nalgúns rent parties tocando o órgano e o piano na igrexa bautista. Estudou no instituto Stuyvesant, se ben nunca chegou a graduarse.
En 1935, decidiu marchar de viaxe a percorrer o mundo acompañando co piano a un predicador evanxelista. Despois de dous anos, regresou á súa cidade e formou o seu propio cuarteto, actuando en diversos clubs até que en 1941 o batería Kenny Clarke elixiuno como pianista da casa para tocar no Minton's Playhouse, o lendario club de Manhattan no que se enxendraría o bebop. O seu estilo na época é descrito como "hard-swinging", con marcadas influencias de Art Tatum, Duke Ellington, James P. Johnson e outros pianistas.
Durante a súa estancia no Minton's, Monk foi perfeccionando o seu estilo único, participando nas sesións chamadas "cutting competitions", cos máis renomeados solistas da época. Durante eses anos, Monk entrou en contacto con músicos como Dizzy Gillespie, Charlie Parker, Miles Davis, Sonny Rollins, Milt Jackson e John Coltrane, que estaban sentando as bases do bebop. En 1944 realizou as súas primeiras gravacións con Coleman Hawkins Quartet. En 1947, gravou por primeira vez como líder da súa propia banda, e publicou o seu LP de debut, Genius of Modern Music, Vol. 1, que mostraba o seu talento tanto para a composición como para a improvisación. Ese mesmo ano casou con Nellie Smith, e en 1949 o matrimonio tivo un fillo, T.S. Monk, que sería batería de jazz. A súa filla Bárbara naceu en 1953.
En agosto de 1951, foi arrestado pola policía de Nova York, acusado de posesión de narcóticos, pois negouse a denunciar ao seu amigo, o tamén pianista Bud Powell, ao que presumiblemente pertencía a droga. Retiróuselle o permiso para actuar en locais nocturnos nos que se consumise alcohol (unha autorización, o "New York City Cabaret Card", que era expedida pola policía). Pasou a primeira metade dos anos 50 compoñendo, gravando discos e actuando en teatros e xiras fóra da cidade.
Tras gravar varios discos para Blue Note entre 1947 e 1952, firmou un contrato con Prestige, para a que gravou entre 1952 e 1954 algúns dos discos máis importantes, incluíndo colaboracións co saxofonista Sonny Rollins e co batería Art Blakey. O produtor Orrin Keepnews, de Riverside Records, persuadiulle de que gravase un disco con temas de Duke Ellington e outro con estándares, para que a súa música se fixese máis accesible ao público medio de jazz. En 1956, gravouse o clásico Brilliant Corners e a partir do ano seguinte os cambios na súa vida sucedéronse.
Monk foi contratado polo Five Spot e alí formaría parte dun cuarteto que contaría co saxofonista John Coltrane. Como consecuencia destas actuacións, a crítica e o público de jazz recoñeceríano por fin como un mestre. O até entón carácter único da súa música, que tan difícil era de asumir por unha audiencia que tiña como modelo a Bud Powell, converteuse en 1957 nun motivo de admiración. De repente, Monk converteuse nunha celebridade e o seu status non cambiaría até o final da súa carreira.
En 1959, o seu cuarteto contou coa participación do saxofonista tenor Johnny Griffin e apareceu cunha orquestra no Town Hall; en 1962 firmou con Columbia e dous anos despois foi portada da revista Time. Un segundo concerto coa orquestra foi celebrado en 1962, resultando mellor que o primeiro, polo que Monk estaría constantemente de xira durante os anos sesenta co seu cuarteto, agora co tenor Charlie Rouse.
Tocou cos Giants of Jazz durante 1971-1972, e en 1973, repentinamente, retirouse. Monk padecía unha enfermidade mental e, á parte dunhas aparicións especiais a mediados dos setenta, viviu recluído o resto da súa vida.
Discografía
editar- After Hours at Minton's (1943)
- Genius Of Modern Music: Volume 1 (1947-1948)
- Genius Of Modern Music: Volume 2 (1947-1952)
- Thelonious Monk Trio (1952)
- Monk (álbum)|Monk (1953)
- Thelonious Monk and Sonny Rollins (1953)
- Thelonious Monk plays the Music of Duke Ellington (Riverside Records) (1955)
- The Unique Thelonious Monk (1956)
- Brilliant Corners (1957)
- Thelonious Himself (1957)
- Thelonious Monk with John Coltrane (1957)
- Art Blakey's Jazz Messengers with Thelonious Monk (1957)
- Monk's Music (1957)
- Mulligan Meets Monk (1957, with Gerry Mulligan)
- Blues Five Spot (1958)
- Thelonious in Action (1958)
- Misterioso (1958)
- The Thelonious Monk Orchestra at Town Hall (1959)
- 5 by Monk by 5 (1958)
- Thelonious Alone in San Francisco (1958)
- Thelonious Monk at the Blackhawk (1960)
- Monk in France (1961)
- Monk's Dream (1962)
- Criss Cross (1962)
- Monk in Tokyo (1963)
- Miles and Monk at Newport (1963, con Miles Davis, no acreditado)
- Big Band and Quartet in Concert (1963)
- It's Monk's Time (1964)
- Monk. (1964)
- Solo Monk (1964)
- Live at the It Club (1964)
- Live at the Jazz Workshop (1964)
- Straight, No Chaser (1966)
- Underground (1967)
- Monk's Blues (1968)
- The London Collection (1971, tres volumes)
- Thelonious Monk Quartet with John Coltrane at Carnegie Hall (2005)
Composicións
editar(lista incompleta)
- Ask Me Now
- Ba-lue Bolivar Ba-lues-are
- Bemsha Swing (con Denzil Best)
- Blue Hawk
- Blue Monk
- Blue Sphere
- Blues Five Spot
- Boo Boo's Birthday
- Brake´s Sake
- Bright Mississippi
- Brilliant Corners
- Bye-Ya
- Children´s Song
- Coming On The Hudson
- Crepuscule With Nellie
- Criss Cross
- Epistrophy (con Kenny Clarke)
- Eronel (con Idrees Sulieman, Sadik Hakim)
- Evidence
- 52nd Street Theme
- Four in One
- Friday the 13th
- Functional
- Gallop´s Gallop
- Green Chimneys
- Hackensack
- Hornin´ In
- Humph
- I Mean You (con Coleman Hawkins)
- In Walked Bud
- Introspection
- Jackie-ing
- Just you, just me
- Let´s Call This
- Let's Cool One
- Light Blue
- Little Rootie Tootie
- Locomotive
- A Merrier Christmas
- Misterioso
- Monk's Dream
- Monk's Mood
- Monk´s Point
- North of the Sunset
- Nutty
- Off Minor
- Oska T.
- Pannonica
- Played Twice
- Raise Four
- Reflections
- Rhythm-A-Ning
- Round Midnight (con Cootie Williams. letras: Bernie Hanighen)
- Ruby, My Dear
- San Francisco Holiday
- Shuffle Boil
- Sixteen
- Skippy
- Something In Blue
- Straight, No Chaser
- Stuffy Turkey
- Teo
- Thelonious
- Think of One
- Trinkle-Tinkle
- Two Timer
- Ugly Beauty
- We See
- Well You Needn't (letras: Mike Ferro)
- Who Knows?
- Work
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thelonious Monk |
Ligazóns externas
editar- Entrada de IMDb sobre Thelonious Monk: Straight, No Chaser (en inglés)
- Crítica de Thelonious Monk: Straight, No Chaseren www.trendesombras.comArquivado 22 de novembro de 2006 en Wayback Machine.
- "Thelonious Monk, en su retiro", artigo de Antonio Muñoz Molina en El País, 24 de outubro de 2009 (en castelán).