Thomas John Mitchell, nado en Elizabeth (Nova Jersey) o 11 de xullo de 1892 e finado en Beverly Hills (California) o 17 de decembro de 1962 foi un actor estadounidense. En 1953 foi a primeira persoa en gañar a “tripla coroa” da interpretación, ao gañar o Oscar, o Emmy e o Tony.

Modelo:BiografíaThomas Mitchell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1892 Editar o valor en Wikidata
Elizabeth, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro óseo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChapel of the Pines Crematory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt. Patrick High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión, dramaturgo, actor de xénero, director teatral Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1916 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoCalifornia Republican Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0593775 Allocine: 4961 Rottentomatoes: celebrity/thomas_mitchell_3 Allmovie: p103093 146546 IBDB: 8875
BNE: XX1060725 Discogs: 5227938 WikiTree: Mitchell-15066 Find a Grave: 8532 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mitchell naceu en New Jersey, nunha familia de emigrantes irlandeses. O seu pai e o seu irmán eran xornalistas. Mitchell tamén traballou de reporteiro tras graduarse do instituto, pero axiña descubriu que gozaba máis escribindo obriñas cómicas que buscando exclusivas.

Iniciou a súa carreira como actor en 1913, facendo unha xira coa compañía shakesperiana de Charles Coburn. O seu primeiro papel acreditado no cinema foi en 1923.

A partir da década de 1930 apareceu en filmes moi recoñecidos, e en 1939 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por A dilixencia. Nas décadas de 1950 e 1960 traballou principalmente na televisión.

Filmografía

editar

Como actor

editar

Como autor

editar
  • Little Accident (1928 – obra teatral)
  • Papa Sans le Savoir (1932 – obra teatral)
  • All of Me (1934; guión)
  • Life Begins with Love (1937; guión)
  • Little Accident (1939 – obra teatral)
  • Casanova Brown (1944)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
ELIZA 2
HOME 1
iOS 1
mac 1
multimedia 1
os 17
todo 1
web 1