Thulsa Doom
Thulsa Doom é unha personaxe de ficción creada polo escritor Robert E. Howard para unha serie de relatos destinados á revista de relatos pulp Weird Tales. Tamén é coñecido polo público por ser o arquiinimigo de Conan no filme de 1982 Conan o bárbaro, inspirada tamén nos relatos de Howard e interpretado polo actor James Earl Jones. Cómpre sinalar que orixinalmente esta personaxe nunca apareceu nos relatos de Conan, senón que Thulsa Doom era inimigo do Rei Kull de Atlantis, outra personaxe creada por Howard.[1]
Nas historias pulp
editarThulsa Doom aparece por vez primeira (como Thulses Doom) ó final da historia culta "Delcardes' Cat" de Robert E. Howard, que está protagonizada por Kull. Howard editou posteriormente o texto para engadir prefiguración e referencias a Thulsa Doom (como o escribiría despois) e cambiou o título a The Cat and the Skull para reflectilo. O editor Patrice Louinet especulou que isto débese a que orixinalmente, Howard pretendía que Kuthulos (a quen Doom personifica na historia) fose realmente o malvado. Porén, preto do remate da historia aparece a identidade de Thulsa Doom.[2] Esta versión foi enviada a Weird Tales en 1928[3] pero non foi aceptada. A historia non foi publicada até 1967 no libro King Kull de Lancer Books.[4]
Thulsa Doom é descrito por Howard en "The Cat and the Skull" cunha cara "como un cranio branco espido", en cuxos ollos relucía un lume liviano." É aparentemente invulnerable, xactándose despois de ser atravesado por un dos compañeiros de Kull que sente "só unha lixeira frialdade"[5]
Notas
editar- ↑ "20 cosas que (probablemente) no sabías de ‘Conan el bárbaro’". Cinemanía. 19 de febreiro de 2015.
- ↑ Howard, Robert E., 2006 "Kull - Exile of Atlantis" pp 298
- ↑ Burke, Rusty. REHupa, ed. "Robert E. Howard Fiction and Verse Timeline". Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ HowardWorks (ed.). "Delcardes' Cat". Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ See Howard, Robert E., 2006 "Kull - Exile of Atlantis" pp 114-115