Timothy John Staffell (coñecido como Tim Staffell), nado o 24  de febreiro de 1948 en Ealing, Londres, Inglaterra, é un músico de rock, artista visual e deseñador.[1][2] Foi un dos membros de Smile, unha banda que incluía a Brian May como guitarrista e a Roger Taylor na batería. Logo da saída de Staffell, Freddie Mercury e John Deacon uníronse ao grupo para formar a coñecida banda de rock Queen.

Modelo:BiografíaTim Staffell

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Ealing, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónHampton School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista, compositor de cancións, guitarrista, cantante, deseñador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata

Sitio webtimstaffell.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2636101 Facebook: timstaffell Instagram: timstaffell Bandcamp: timstaffellSouncloud: little-steam Musicbrainz: 4102a510-b01e-4e8c-9d58-4cdb37b665b7 Discogs: 667382 Allmusic: mn0001755370 Editar o valor en Wikidata

Vida e carreira na música

editar

Timothy John Staffell estudou na Hampton Grammar School e nesa época era o cantante nunha banda chamada Railroaders. En 1964 asistiu a un concerto onde coñeceu o compañeiro de estudos Brian May. Axiña montaron unha banda de blues-rock chamada "1984", con John Garnham (guitarra), Dave Dilloway (baixo), John Sanger (teclados) e Richard Thompson (percusión). En 1965 Staffell empezou os seus estudos de debuxo e deseño no Ealing Art College, onde colleu amizade con Freddie Mercury, entanto que Brian May marchara para o Imperial College, de Londres. "1984" disolveuse a principios de 1968.

Staffell e Brian May crearon xuntos máis tarde unha nova banda chamada Smile, con Roger Taylor como percusionista.[3] Staffell e Brian May co-escribiron a canción "Doing All Right", que foi incluída por Queen no seu álbum de debut. Staffell uniu a Humpy Bong e logo o grupo de rock progresivo experimental Morgan, con quen publiou os álbums Nova Solis e Brown Out (máis tarde rebautizado como The Sleeper Wakes).[4]

Deseñador

editar

Staffell continuou tamén a súa carreira no mundo do deseño de produto e tamén como deseñador, animador e director de anuncios. Entre os proxectos nos que traballou está a adaptación á cadea de televisión BBC de The Hitchhiker's Guide to the Galaxy, e el foi tamén o xefe dos creadores de modelos para a primeira serie do programa infantil de televisión Thomas the Tank Engine & Friends.

Regreso á música

editar

En 2001, Staffell regresou á industria de música formando parte con Richard Lightman (con quen levaba moito tempo colaborando) dunha nova banda de blues-funk chamada aMIGO, con inspiracións latinas, de folk e de rock.[5] En 2003 gravaron un álbum co seu mesmo nome, con versións regravadas das cancións de Smile "Earth" e "Doing All Rightr", no que colaborou o seu excompañeiro Brian May nas guitarras e nas voces. O álbum foi autoeditado nunha serie limitada de menos de 300 copias e máis tarde pasou a estar dispoñible en iTunes.

  1. "Queen – Doing All Right lyrics | Musixmatch – The world's largest lyrics catalog" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 05 de abril de 2016. 
  2. England & Wales births: Tim Staffel. 2012
  3. "Tim Staffell Biography". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 05 de abril de 2016. 
  4. "The Love Affair pages". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 05 de abril de 2016. 
  5. "Maintenance Mode". 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1