Tirafonda

arma de proxectís

Un tirafonda[1] ou unha fonda[2] é unha arma constituída por unha correa ou corda dobrada, en cuxo centro é colocado o obxecto que se desexa lanzar. Garda semellanza co tirapedras ou a catapulta.

Tirafonda
editar datos en Wikidata ]

Unha das máis antigas e primitivas armas feitas polo home, o seu uso é rexistrado entre os primitivos australianos, e diversos pobos da Antigüidade, tales como os gregos e os hebreos. Neste último pobo é célebre a pasaxe contida no Antigo Testamento en que David derrota o xigante Goliat valéndose dun tirafonda.

Lanzadores de tirafondas

editar
 
Lanzadores de tirafonda na Columna de Traxano - nun baixorelevo romano

Nos antigos exércitos os fondeiros (nome que tamén designa o fabricante de fondas) ou tirafondeiros formaban unha importante liña de ataque nas batallas, polo xeral detrás dos lanceiros e antes dos besteiros e seteiros.

Eran soldados que adestraban a puntaría para lanzar pedras a longa distancia, provocando con elas tantas baixas como as frechas. Desempeñaron un importante papel nas batallas do cartaxinés Haníbal Barca.

Entre os romanos

editar
 
Fondeiro das illas Baleares (famosos pola súa habilidade coa fonda).

O escritor romano Vexecio rexistrou:

"Os recrutas serán ensinados na arte de lanzar pedras con ámbalas mans e coa fonda. Din que os habitantes das Illas Baleares son os inventores da fonda, e de as administrar con sorprendente destreza, o que se debe á forma como educan ós seus nenos. Os nenos non lles era permitido ter a comida antes que tivesen golpeado coa fonda. Os soldados, mesmo usando as súas armaduras defensivas, son máis duramente afectados coas pedras redondas lanzadas polas fondas que por todas as setas do inimigo. As pedras matan, sen mutilar o corpo, provocando unha mortal contusión na que non sabido que os antigos usaban fondeiros en tódalas as súas batallas. É imprescindible instruír todas as tropas, sen excepción, neste exercicio, pois a fonda non pode ser tida como algo difícil, e é de grande utilidade, especialmente cando deben ocupar lugares pedregosos, ou defender unha montaña ou elevación, e aínda proceder á defensa dun castelo ou cidade." Bofe

Uso da fonda polos indíxenas do Novo Mundo

editar

A fonda foi pouco utilizada polos nativos de América do Norte. Os timucua de Xeorxia e Florida usábana.[3]

Hai rexistro do emprego da fonda na era precolombiana polos indíxenas matlaltzinca, do vale de Toluca, en México.[4] Os proxectís usados na fonda podían ser de pedra ou feitos de arxila, sendo estes moldeados a man e secados ó Sol. Na caza de parrulos e outras aves acuáticas os de arxila eran os preferidos porque eran máis lixeiros e rebotaban na superficie da auga, aumentando a oportunidade de abater máis dun animal en cada lanzamento.[5]

Nas batallas os lanzadores de fonda quedaban atrás da liña de batalla e eran abastecidos con proxectís levados en cestos por nenos. Moitos indíxenas consideraban a fonda unha arma máis mortal que o arco e frecha e o seu proxectil atinxía unha distancia maior.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tirafonda.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fonda.
  3. CAVALCANTE, Messias S. Comidas dos Nativos do Novo Mundo. Barueri, SP. Sá Editora. 2014, 403p.ISBN 9788582020364
  4. SOUSTELLE, Jacques (1912-1990). La vida cotidiana de los aztecas em vésperas de la conquista. Oitava reimpresión. ISBN 968-16-0636-1. México, Fondo de Cultura Económica. 1991, 283 p
  5. 5,0 5,1 CAMPBELL, Paul D. Survival skills of native California. Layton, Utah, Gibbs Smith Publisher. 1999, 448 p.
  NODES
admin 1
todo 1