Tiso[1], ás veces Tirso[1] (en grego antigo: Θύρσος, romanizado: Thúrsos, literalmente «tirso», «contemplador»; en latín: Thyrsus), finado en Apolonia contra 251, é venerado como mártir cristián.

Modelo:BiografíaTiso de Apolonia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor en Wikidata
Esmirna, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte251 Editar o valor en Wikidata
Sozópolis, Turquía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación
tortura Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónDiácono Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de decembro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Haxiografía

editar

Foi asasinado pola súa fe en Apolonia, Frixia, durante a persecución do emperador Decio.

Leucio (Λεύκιος Leúkios) e Calínico (Καλλίνικος Kallínīkos) foron martirizados canda el. A tradición di que Tirso soportou moitas torturas e foi sentenciado a ser serrado pola metade. Porén, a serra non penetrou, pois volveuse tan pesada que os verdugos non puideron usala.

Leucio, despois de reprochar o gobernador Cumbricius, foi colgado, gradado nos seus costados e logo decapitado.

Calínico, sacerdote pagán, converteuse despois de ver o martirio de Tirso e tamén foi decapitado.

Veneración

editar

As reliquias de Tirso foron levadas a Constantinopla. Algunhas delas foron levadas a Francia. De feito, a catedral de Sisteron, nos Alpes de Alta Provenza, está consagrada a Notre-Dame et Saint Thyrse. No século XII tamén se lle dedicou a igrexa de Châteauponsac (na rexión de Lemosín).[2] O seu culto fíxose popular na Península Ibérica desde a Idade Media. Inicialmente coñecido como Santo Tirso, permaneceu así só en Portugal. En España é coñecido como San Tirso, ou Santiso en Galiza e Asturias.

Tirso tiña un oficio litúrxico completo no rito mozárabe.

Padroádego

editar

Onomástica

editar

A Igrexa católica celebra a súa onomástica o 14 de decembro. En España, concretamente na Rexión de León, celébrase o 28 de xaneiro.[3]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18. 
  2. "scarlet.be/amdg/sankt/jan28.html". amdg.be. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  3. "T". Arzobispado de Mérida-Badajoz (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2008. Consultado o 8 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 2
multimedia 1
os 30
todo 1