Unha tixola é un utensilio de cociña, empregado para fritir, xeralmente en aceite ou manteiga. O aparello consiste nun recipiente metálico de bordos baixos e abertos suxeito a un mango, xeralmente de plástico (baquelita). Actualmente adóitanse facer con teflón antiadherente, que facilita moito a cocción ou fritura dos alimentos.

Tixola de aceiro inoxidable.
Tixolas nunha cociña.
Tixola preparando unhas verduras salteadas.

Recibe en galego outros nomes coma: fritideira, frixideira, sartaña ou tixela. A paella (ou paelleira) e o filloeiro (ou freixoeira) son tipos de tixolas.

Características

editar

Os materiais máis comúns de fabricación de tixolas son:

  • Aluminio: Trátase dun material lixeiro que consegue unha óptima distribución da calor. Porén, non está indicado para cociñas de indución.
  • Aceiro non aleado. É axeitado para todo tipo de cociñas.
  • Aceiro inoxidable. Pode presentar problemas nas cociñas de indución.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 2