Tom Sharpe
Thomas Ridley Sharpe, nado en Londres o 30 de marzo de 1928 e finado en Llafranc (provincia de Girona) o 6 de xuño de 2013, foi un escritor inglés, máis coñecido como Tom Sharpe.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1928 Holloway, Reino Unido (en) |
Morte | 6 de xuño de 2013 (85 anos) Llafranc, España |
Residencia | Llafranc (1995–2013) Suráfrica (1951–1961) Londres |
Educación | Lancing College (en) Pembroke College (pt) Bloxham School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, fotógrafo, humorista, mestre, guionista, novelista, activista político |
Período de actividade | 1971 - 2010 |
Empregador | Universidade de Anglia Ruskin (pt) |
Xénero artístico | Sátira |
Pseudónimo literario | Tom Sharpe |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarA súa infancia e mocidade estiveron marcadas por unha rabia crónica. A súa nai, enferma, non se podía ocupar del. O seu pai, párroco británico, pasou do socialismo ó nacionalsocialismo. Estudou na Universidade de Cambridge.
Logo de realizar o servizo militar trasladouse a Suráfrica en 1951, dedicándose a realizar traballos sociais e ó ensino en KwaZulu-Natal. En 1961 escribiu e representou unha obra en contra do réxime do apartheid. Debido a isto foi encarcerado na prisión de Pietermaritzburg acusado de "político subversivo" e "comunista perigoso", e máis tarde foi deportado por actividades "antigubernamentais". Da súa experiencia en África obtivo a inspiración para escribir Riotous Assembly e Indecent Exposure. Entre 1963 e 1972 traballou como profesor de historia no Colexio de Cambridge das Artes e a Tecnoloxía. Recibiu o Gran Premio do Humor Negro en 1986.
Literatura
editarNas súas novelas encóntrase un humor corrosivo, mesmo ás veces cruel, que divide ós seus lectores entre os que o consideran moi ofensivo e os que pensan que é un mestre do humor. A súa temática é variada, desde os xa mencionados libros inspirados no apartheid, ata os que critican o sistema educativo (Wilt e secuelas), o snobbismo da clase inglesa (Ancestral Vices e Porterhouse Blue), o mundiño literario (The Great Pursuit), extremismos políticos de todo tipo, a burocracia e a estupidez en xeral. Os seus personaxes usan moitas veces unha linguaxe vulgar e explícita e practican toda clase de actos sexuais. Outras veces ridiculiza a forma de falar ou de comportarse de determinados grupos sociais.
Éxito
editarAs súas obras foron traducidas a 22 idiomas, vendendo máis de 10 millóns de exemplares. Mesmo algunha delas (Porterhouse Blue e Blott on the Landscape) foron adaptadas como series de televisión. Wilt foi levada ó cine en 1989 por Michael Tuchner.
Obras
editar- Riotous Assembly (1971)
- Indecent Exposure (1973)
- Porterhouse Blue (1974)
- Blott on the Landscape (1975)
- The Great Pursuit (1977)
- The Throwback (1978)
- Ancestral Vices (1980)
- Vintage Stuff (1983)
- Grantchester Grind (1993)
- The Midden (1996)
- The Gropes (2009)
Saga de Wilt
editar- Wilt (1976)
- The Wilt Alternative (1979)
- Wilt on High (1985)
- Wilt in Nowhere (2004)
- Wilt's Herency (2009)