Torre da homenaxe

estrutura central do castelo medieval, sede do poder e último reduto de defensa

A torre da homenaxe é a parte da estrutura central do castelo medieval na que se concentran os dormitorios e principais salas e constitúe o principal punto de poder e último reduto de defensa. Esta torre é máis alta do que a cerca de muralla, permitindo o tiro directo para fora desta. É frecuentemente de planta cuadrangular, coa entrada no primeiro piso, sendo o acceso apenas posíbel por unha escada de madeira, facilmente removíbel ou eliminada se fose o caso de perda do resto das estruturas. Nela están a armería e o pozo principal.

Torre da homenaxe do Castelo de Almourol, en Portugal, destacada no interior da cintura de murallas.
O "torreón dos Andrade", en Pontedeume.
Esta torre da homenaxe dos Andrade hoxe fai parte do Parador de Vilalba.

Tamén pode ter planta circular, hexagonal, octogonal ou en forma de polígono irregular. De feito, moitos castelos son pouco máis que unha torre da homenaxe.

As máis antigas consistían nunha simple torre cadrada con muros anchos e cara ao século XI adquiriran xa as características típicas. A súa forma e función mudaron co tempo e variaban coa rexión.

  NODES
HOME 7
iOS 1
os 12
todo 1