Torre do Monte

construción civil na Pedreira, Padrón

A torre do Monte é un pazo situado no lugar da Pedreira, parroquia de Padrón, no concello de Padrón, de titularidade privada.[2][3] Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 1994.[4]

Torre do Monte
ConcelloPadrón
ProvinciaProvincia da Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°44′36″N 8°39′48″O / 42.743277777778, -8.6634722222222
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal( s. XIV e XV )
Estilo actual( s. XVIII )
Estado actualRehabilitado [1]
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Erixido a finais do século XIV e comezos do século XV pola familia fidalga dos Romay.[5] Conta cunha torre defensiva,[6] construción de cantaría de granito, cheminea monumental,[7] unha escalinata barroca na fachada principal e solaina orientada ó sur.[6] A capela do pazo está dedicada a San Miguel.[7]

Orillas del Sar

De la obscura Trabanca tras la espesa arboleda,
Gallardamente arranca al pie de la vereda
La Torre y sus contornos cubiertos de follaje,
Prestando a la mirada descanso en su ramaje.

Rosalía , En las orillas del Sar, 1884.

Rosalía de Castro menciona a torre no poemario En las orillas del Sar (1884), no pazo consérvase o manuscrito orixinal de Os dous de sempre (1934), de Castelao[1] e alberga unha colección pictórica de pintores galegos dos séculos XIX e XX.[8]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 "Premio europeo ao traballo artesanal". La Voz de Galicia. 22-03-2002. Consultado o 20-11-2023. 
  2. Mesía López, Ana Isabel (2018). El potencial turístico de los conjuntos históricos de Galicia. Villas y pueblos. I. A Coruña - Lugo (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 250. 
  3. Martín, Irene (20-09-2018). "«Galicia ten un problema de educación patrimonial»". La Voz de Galicia. Consultado o 20-11-2023. 
  4. "Relación de bens de interese cultural de Galicia" (PDF). Cultura de Galicia. Santiago de Compostela. 01-10-2012. Consultado o 20-11-2023. 
  5. Villoch Herrera, José Ramiro (2008). "Heráldica en Boiro" (PDF). Cadernos Culturais (Asoc. O Faiado 2) (10): 35 e 51. 
  6. 6,0 6,1 García Gil, 2003, p. 109.
  7. 7,0 7,1 "Catálogo complementario de bens con valor histórico, artístico ou cultural e espazos naturais e paixaxísticos, obxecto de protección" (PDF). BOP deputación da Coruña (207): 6468. 09-09-1994. 
  8. García Iglesias, 2001, p. 299.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
multimedia 1
os 41
todo 1